A CORRUPCIÓN INSTITUCIONALIZADA: DANIEL REGO VS DIEGO CALVO

Valora este artigo
(11 Votos)
A Deputación Provincial da Coruña sempre se distinguiu por manter un escrupuloso respecto institucional e por administrar os bens públicos con equidade e responsabilidade. Foi así con presidentes tan diversos como Marfani, Torres Colomer,  Lendoiro ou Salvador Fernández Moreda. Foi así ate o de agora.

O Partido Popular pactou que Zaira Rodriguez sería deputada provincial durante dous anos e que Daniel Rego sería o substituto nos dos anos posteriores. Pero no Partido Popular non se distinguen por cumprir os pactos, incluso entre eles mesmos. Daniel Rego debería substituír a Zaira neste mes de xullo pero non vai a ser así por varias razóns.

A primeira é que o PP ten un interese especial en promocionar a Don. Zaira xa que aspira a que repita como alcaldesa de Cee pola porta principal e non pola gateira que lle abriu o BNG que, nunha estratexia suicida, converteuse no trampolín para consolidar a dereita na capital da Costa da Morte. Dona Zaira cobra da Deputación por dedicarse absolutamente a mesma cando todos sabemos que nin se dedica absolutamente a Deputación nin o concello de Cee. Se Dona Zaira deixa Deputación terá que asinarse un salario a conta do orzamento de Cee e iso non pode ser porque se non tiraría por terra un dos argumentos que esgrimiu para presentar a moción de censura que acabou con Ramón Vigo ao fronte da alcaldía da Vila da Xunqueira.

A segunda razón pola que Daniel Rego non será deputado provincial é que nin Diego Calvo nin o PP provincial queren saber nada del e, por iso, o cabreo de Danielito contra o seu partido é superlativo. Tanto é así que, segundo nos trasladan dende o propio PP, chegou a ameazar a Diego Calvo con que o grupo municipal do PP en Camariñas estaría disposto a pasarse o Grupo Mixto e abandonar as siglas polas que se presentaron as eleccións.

E como pensa arranxar o Señor Presidente da Deputación o incumprimento dos compromisos adquiridos con Rego? Pois moi sinxelo: a conta dos recursos públicos de tódolos cidadáns da provincia da Coruña.  Si señor. Con un par.  Non contento con ter a Daniel Rego contratado por non facer nada na Deputación, disque de “asesor”, parece que Don Diego ten previsto adxudicarlle a Danielito, ou a persoas próximas a el, a xestión das Torres do Allo e outros servicios en instalacións propiedade da Deputación da Coruña.

A corrupción ten moitas caras e ultimamente estamos coñecendo que no Partido Popular hai persoas que, durante décadas, reúnense e maquinan como xestionar o cobro de comisións ilegais, atribúense  complementos salariais cuantiosos que non declaran a facenda pública, evaden impostos e capitais, e un longuísimo etc. que lle saca as cores os militantes do PP de base e escandaliza ao conxunto dos cidadáns. Pois ben, agora debemos engadirlle a esas prácticas unha nova fórmula posta en marcha por D. Diego Calvo: para compensar as navalladas que se atizan entre eles, cárgaselle o custe da felonía aos sufridos contribuíntes da provincia da Coruña.

Xa avisamos no seu día que Daniel Rego nun ca sería deputado provincial e hoxe confírmase. O que non podíamos imaxinar é que fósemos os  cidadáns os que tivésemos que pagar cos nosos impostos as coiteladas trapeiras que os militantes do PP se atizan entre eles.

Se Daniel Rego, ou alguén próximo a el, acaba sendo o beneficiario dalgunha adxudicación da Deputación Provincial acabará confirmándose a esterqueira sobre a que se sostén o modelo político dalgúns.

1834 Modificado por derradeira vez o Domingo, 14 Xullo 2013 09:23
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.