A XUSTIZA FALOU, E DANOS A RAZÓN

Valora este artigo
(6 Votos)
Despois da pila de denuncia presentadas contra o Concello de Camariñas, contra Xunta de Goberno e contra o Alcalde, despois da pila de trapalladas que estamos a ler todos os días, acusando e condenando, créndose xuíz e parte, chegou a hora da Xustiza, e a Xustiza falou e doulle a razón a quen a ten, o CONCELLO. Traemos aquí a triple resolución dictaminada pola Xustiza, que se une a que xa presentamos onte da Axencia da legalidade Urbanística, dándolle a razón o Concello no tema da legalidade urbanística do Tanatorio Municipal. Vamos por partes.

Denuncia presentada contra Pichurri, diante do Xdo. 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Corcubión, por un presunto delito de: Falsificación de Documento Público. GAÑADA. Tanto o Fiscal como despois o Xuíz decreta: EL SOBRESEIMIENTO PROVISIONAL Y EL ARCHIVO DE LAS PRESENTES DILIGENCIAS

Denuncia presentada por Dona Guadalupe Elena Alvite Alborés, contra Pichurri, Sandra, Sergio, Merce, e Juanillo, diante do Xdo. 1ª Instancia e Instrución nº  de Corcubión por o presunto delito de:  Prevaricación administrativa. GAÑADA.O Xuiz decreta: EL SOBRESEIMIENTO LIBRE DE LAS DILIGENCIAS PREVIAS 1480/2012, POR ENTENDER QUE LOS HECHOS INVESTIGADOS NO SON CONSTITUTIVAS DE INFRACCIÓN PENAL

XDO. CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº3: Declara que hasta que no se gane firmeza material la sentencia, sobre la que pende un recurso de queja por inadmisión del de apelación, NO ES PERCEPTIVO EJECUTAR EL FALLO ALLÍ DECLARADO SOBRE LA EJECUCIÓN DEL TANATORIO EN LA FRANJA LITIGIOSA, SU USO Y LA REPOSICIÓN DE ELEMENTOS. Vamos, que as obras do tanatorio teñen que continuar.

Mira que quixeron enganar, dicindo que non había recurso, que había que tiralo xa, etc. etc, pois non señores.

Non podemos negar que hoxe é un día no que estamos gratamente satisfeitos, e un día en que nos reafirmamos nas nosos ideais, que non son outros que seguir LOITANDO POLO CONCELLO DE CAMARIÑAS, tal como vimos facendo dende os últimos 30 anos, onde os Camariñás nas urnas, e non nos xulgados, déronnos a súa confianza.





1689 Modificado por derradeira vez o Xoves, 06 Xuño 2013 15:34
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.