A XUNTA DE GALICIA CERTIFICA A LEGALIDADE URBANÍSTICA DO TANATORIO MUNICIPAL

Valora este artigo
(2 Votos)
O día 18 de febreiro de 2013 a Asociación de Veciños Río Porto de Ponte do Porto, presentou unha denuncia contra o Concello de Camariñas, sobre o Tanatorio Municipal, diante da Axencia de Protección e Legalidade Urbanística tamén coñecida polas siglas APLU.
A denuncia viña a dicir que se estaba a cometer unha ilegalidade urbanística na construción do Tanatorio Municipal de Camariñas. Pois ben a APLU ven de desestimar dita denuncia, e darlle a razón ao Concello de Camariñas, e certifica a legalidade tanto do proxecto, como da construción do Tanatorio Municipal no Muíño do Vento.

Vamos facer unhas consideración ao respecto de esta denuncia:


Por un lado resulta polo menos rechamante que a entidade veciñal da Ponte do Porto, se dedique a denunciar ao Concello de Camariñas pola construcción do tan necesitado Tanatorio Municipal, aínda que tampouco nos pode estrañar vendo quen firma a denuncia, Sebastián Lorenzo, avogado da meirande parte das denuncias contra o Concello.

Igual somos algo mal pensados dicindo que hai persoas que usan asociacións, en este caso a veciñal, para intereses privados ou mesmo políticos.

O que resulta tamén curioso na denuncia firmada por don Sebastián Lorenzo Viejo, é que na parte onde indica os lindes da parcela do Tanatorio, indica que, o sur linda coa Travesía Muíño do Vento, entón ¿EN QUE QUEDAMOS?, ¿linda coa Travesía Muíño do Vento ou con unha suposta propiedade privada?, vemos que hai unha clara contradición ao respecto.

O si que teñen que ter claro os veciños da Ponte do Porto e que a finais de este ano van a ter un tanatorio na vila Porteña xa que dende o concello se está traballando moi duro para conseguir esta ansiada infraestrutura.

Resolución da Xunta de Galicia desestimando a denuncia


 

Texto da denuncia desestimada




2084 Modificado por derradeira vez o Xoves, 06 Xuño 2013 20:59
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.