A Sede do PP de Camariñas "Se alquila"

Valora este artigo
(2 Votos)
A Sede do PP de Camariñas "Se alquila" A Sede do PP de Camariñas "Se alquila"
Poucas imaxes son tan gráficas como a que acompaña a este artigo de opinión; alí, onde antes se anunciaban mítines, se montaban despachos de asesoría xurídica para enganar a incautos, onde se prestaban a deixarse ver algúns que presumía de ser de esquerdas, no mesmo lugar onde funcionaban plasmas xigantescos que transmitían as  bondades dun cambio de goberno en España porque ao frente estaba Mariano Rajoy, nese lugar onde se deseñaban as estratexias xudiciais contra Pichurri, aí, nese lugar chamado a converterse na Nova Atenas, solo queda hoxe un carteliño que pon SE ALQUILA.

Nin sequera o puxeron en galego. Son xente de colexio de pago e, polo tanto, exprésanse preferentemente no “idioma del imperio”, cousa, por outro lado, natural vendo cales son as súas procedencias sociais e políticas: aos avós e pais dalgúns deles aínda lle rinchan as articulacións lembrando o vello saúdo do fascio. Aí si son coherentes, como cando nin se ruborizan cando se amosan entusiastas leedores de Pio Moa que, como case todos sabemos, foi comunista, logo terrorista do GRAPO e hoxe principal ideólogo de cabeceira da extrema dereita polo seu revisionismo histórico da Guerra Civil. As tiranías sempre acaban entendéndose e xa coñecemos aquel principio Marxista (dos hirmáns Marx, claro): estes son os meus principios pero si non che gustan teño outros.

O curioso é que, cando buscabas na Avda. Da Coruña a Sede do PP, o que aparecía nos rexistros oficiais era a dirección dunha empresa de seguridade que tiña a súa sede en Santiago de Compostela e, entre outras, unha delegación na vila de Camariñas. Curioso, non? Hai empresas tan xenerosas que dan cuantiosos e xugosos donativos ao Partido Popular en Madrid pero, tamén en Galicia, hai empresas que non dubidan, polo que parece, a ter un partido político en plantilla antes que abonar os salarios dos seus traballadores.

Deste asunto non di nada o Libelo Cibernético. Claro que tampouco di nada de Bárcenas, nin do novo xogo dos agochos do Presidente? Do Goberno?, nin das viaxes do Feijoo en compañas aínda non aclaradas (ou quizá demasiado ben aclaradas), nin de si o PP lle pagaba algunha cantidade ao dono do inmoble, ou si quen pagaba era a empresa que figuraba no listín de telefónica, ou... ou... vaite ti a  saber.

SE ALQUILA di o cartel do local, pero non estaría de mais que puxeran outro ao lado dicindo que, en troques, admitíase sentido común, responsabilidade, respecto polo adversario, decencia política e outras moitas cualidades tan necesarias para o desempeño dunhas oposición a altura dos seus votantes. SE ALQUILA un local porque non son quen de enchelo de actividade nin de abrilo para construír nada en positivo e, para sementar o odio e a insidia, abóndalles coa cova cibernética onde, chocolate vai chocolate ben, fumígase veneno aos catro ventos.

E o que sae gañando o edificio, pero Camariñas merece un pouco mais de respecto que o que, dia si dia non, lle amosan os pupilos da gaivota camariñana.

1415 Modificado por derradeira vez o Xoves, 06 Xuño 2013 15:28
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.