EDITORIAL: ALGUNHAS PREGUNTAS QUE MERECEN RESPOSTA

Valora este artigo
(16 Votos)
O auto denominado Comité Local do PP de Camariñas, reunidos ao redor da chocolateira, seguen a maquinar cruzadas. O argumento sempre é o mesmo: todos son malos menos nos. Nesta fuxida cara a irrealidade e cara os mundos paralelos onde viven sérvelles calquera asunto: os montes da Vela, o Plan Xeral, os concelleiros do PP, o portavoz do PP, o alcalde,os concelleiros socialistas e todo aquel que se lle pon por diante a súas moitas obsesións.

O tanatorio é agora o seu estandarte nesta nova patoloxía compulsiva e, como alumnos ben aplicados do “patriota”  Montoro, seguen aquel principio de “deixar caer Camariñas que logo xa o levantará unha Camariñana como e debido”. E nesa obsesión patolóxica danlle cobertura, cando non incitan directamente, a persoas que “lle teñen medo os mortos” ou que precisan crearse un curriculum novo logo de ser toda a vida “Señora de...”, ou a outros que non teñen mais ocupación nin oficio que ser calumniadores profesionais.

A obsesión lévaos tamén a facerlle preguntas ao Alcalde dende as páxinas do Libelo Cibernético porque non se fían das preguntas que lle fará o Grupo Municipal do PP no próximo Pleno do día 25. Desconfían de todo e de todos, ate de si mesmos. Pero, diante de tanta manipulación e de tanto despropósito, sería bo que alguén se fixese algunha pregunta para darse conta do que hai debaixo dunha denuncia que, presuntamente, solo se fai para recuperar unha suposta propiedade.

Por exemplo:


- Porqué a denunciante non se da conta de que ten unha propiedade na parcela do tanatorio hasta que a obra está case rematada?

- Porqué a denunciante non alegou, no período de exposición pública, que tiña unha propiedade na parcela do tanatorio?

- Porqué, nas alegacións o Plan Xeral de Ordenación Municipal, a denunciante solo recoñece unha propiedade, pechada sobre si con muro, e non recoñece ningunha outra fora deste cerramento?

- Porqué non presentou a denunciante ningún título de propiedade que sitúe a suposta propiedade nun lugar determinado da parcela, cos seus lindes e demais datos catastrais?

- Dende cando os títulos de propiedade os deciden testemuñas “que lle teñen medo aos mortos”, construtores significados do Partido Popular e outros “opinadores” ociosos que viven no contorno da chocolatería?

- Tratou a cooperativa funeraria de conseguir os terreos da Fundación Fernández Espín para facer alí o seu tanatorio e non chegaron a un acordo?

- Que interese ten a chocolatería en que non se faga o tanatorio municipal no Muiño do Vento e descubra, a estas alturas, que alí “quedaría ben” un centro de día?

- Terá que ver con que hai que protexer algún terreo, que algún “amigo” adquiriu daquela maneira da Fundación Fernández Espín?

- Si tan convencidos de que o tanatorio non se vai facer, porqué están tan nerviosos?

- Cren, os da chocolatería e os seus títeres, que o dereito a xustiza solo é patrimonio deles e non do concello?

- Consideran que as cousas van a ser como cando os seus pais mandaban, ordenaban e facían saber dende tódalas institucións do concello?


Estas e outras preguntas facémolas de xeito retórico porque somos conscientes de que esta xente tanto lles da o asunto que sexa para seguir enganchados no odio, na insidia e na calumnia permanente.

Camariñas terá un tanatorio municipal porque a iniciativa privada, mais en concreto a cooperativa funeraria xestionada polo PP, foi incapaz de dar resposta a esta necesidade e, coa aprobación do PXOM, tamén haberá un tanatorio, este de iniciativa privada, na Ponte do Porto co que as necesidades nesta materia quedarán encauzadas en todo o municipio. E, mentres uns buscan solucións as necesidades dos cidadáns, outros póñense ate os ollos de chocolate. Non é estraño que logo digan as cousas que din.

 

1945 Modificado por derradeira vez o Luns, 15 Abril 2013 14:47
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.