Valora este artigo
(7 Votos)
Xa non é ningún segredo que dentro das filas do Partido Popular de Camariñas estase a librar unha guerra sen cuartel. Solo hai que votarlle unha ollada ao seu “medio de comunicación” para darse conta de que utilizan artillería pesada para cobrarse a peza “amiga” e, para conseguir os seus obxectivos orgánicos, non dubidan en ocasionar tantos danos colaterais como poidan.

Estas guerras acabaron co ben gañado prestixio do Club Náutico de Camariñas que era, dentro dos pequenos clubs de actividades náutico deportivas, un dos mais recoñecidos. Ao longo de varios anos  Camariñas foi noticia polas infamias e as liortas que as guerras peperas libraban nos salóns do náutico ou no ciber espacio.

Montaron unha guerra sen cuartel, con enganos e manipulacións solo cribles por incautos ociosos que non teñen outro obxectivo na vida que sementar o seu odio irracional contra todo o que lles cheire a goberno local e a socialista. Esta xente era a que dicía que nunca habería plan xeral de ordenación municipal e eran os que insultaban e tentaban rebentar os plenos do Concello.

Agora o tema é o tanatorio porque, os que tanto defenden a Camariñas, parécelles mal que o concello consiga unha parcela gratis e que os defuntos sexan velados con dignidade, ao lado da súa casa e preto dos seus familiares e amigos. Quérenlle tanto a Camariñas que, de paso que se matan (politicamente) entre eles, queren matar o seu  pobo e o seu concello. Así son eles.

Mentres tanto Daniel Rego agarda por unha praza de deputado provincial que, a estas alturas, está tan lonxe como o destino diplomático que agardaba na súa segunda patria; outros están construíndo unha alternativa ao seu liderazgo dende fora da vila dos encaixes mentres, dende a Vila, outros tratan de elevar os altares da política local a unha camariñana “como é debido”;  hai un PP en branco e un PP en negro en Camariñas; hai un PP da Ponte e un PP doutro lado; hai un PP oficial e hai un PP oficioso; pero, e sobre todo, hai un PP irresponsable que non lle importa os danos colaterais que ocasione a Camariñas con tal de satisfacer os seus odios ancestrais.

 

1490 Modificado por derradeira vez o Mércores, 10 Abril 2013 17:42
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.