Marisol: "O PP será cómplice necesario de que non se remate a Autovía da Costa da Morte"

Valora este artigo
(7 Votos)
MARISOL SONEIRA ADVIRTE QUE O PP SERÁ COMPLICE NECESARIO DE QUE NON SE REMATE A AUTOVÍA DA COSTA MORTE
O conselleiro Agustín Hernández deuse dous meses, en setembro, para que a empresa concesionaria acadase financiamento para continuar coas obras e, con posterioridade, incluso chegou a asegurar que non era descartable que houbera que volver a licitalas.

 



Xunto con todo isto escóitanse rumores, antesala sempre das decisións que xa se teñen tomado, de que a Xunta de Galicia pretende executar exclusivamente o tramo comprendido entre Carballo e Baio, renunciando ao tramo comprendido entre esta última localidade e Berdoias, no concello de Vimianzo.

De levarse a cabo esta última opción atoparíanos con moitos e moi diversos problemas entre os que compre destacar a vulneración das condicións da adxudicación da devandita obra xa que as condicións polas que se lle adxudicou a esta empresa concreta incluían todo o trazado e cunhas condicións determinadas, polo que non sería descartable a presentación de reclamacións por parte das empresas non beneficiadas pola adxudicación; fragmentaríase, unha vez máis, a comarca excluíndo das posibilidades de desenvolvemento a parte máis afastada dos grandes eixos de comunicación galegos, españois e europeos; e, por si todo isto non fose o suficientemente grave, certificaríase, outra vez máis, o engano e a falta de compromiso da Administración autonómica cunha das zonas máis deprimidas de Galicia, de España e de Europa.

A PARLAMENTARIA SOCIALISTA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI EN PLENO INSTANDO Á XUNTA A :

1.- Procurar os instrumentos financeiros que lle permitan á empresa concesionaria das obras da autovía da Costa da Morte rematar as obras xa iniciadas nos prazos previstos na adxudicación máis o período de paralización dos últimos meses.

2.- A que, no caso de que a empresa adxudicataria non fose capaz desolucionar os problemas de financiamento das obras, sexan asumidas directamente pola Xunta de Galicia para o seu remate nos prazos establecidos no punto anterior.

3.- A que, tanto no primeiro como no segundo caso, se execute o proxecto íntegro en todo o seu trazado entre Carballo e Berdoias, e coas características técnicas que nel figuran: autovía de dous carrís en cada dirección e libre de peaxe.

 

1489 Modificado por derradeira vez o Martes, 04 Xuño 2013 22:12
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.