Valora este artigo
(6 Votos)
OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE “MENTIR E ENGANAR” Á COSTA DA MORTE AO PARALIZAR AS OBRAS DA AUTOVÍA. Marisol Soneira salienta que “logo de reiniciar a licitación por 205 millóns de euros mais e 5 anos menos de concesión” hoxe “non hai financiamento nin actividade”.

Marisol Soneira acusou hoxe a Feijóo de “mentir e enganar” aos veciños e alcaldes da Costa da Morte ao ter paralizadas as obras da autovía da Costa da Morte. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a paralización das obras desta infraestrutura, que foi presentada no Pleno do Parlamento de hoxe.

Soneira dixo que “non hai financiamento nin actividade e non se sabe cándo se retomarán as obras” dunha concesión que, logo de ter sido licitada polo goberno socialista, Feijóo decidiu paralizar e reiniciar “para concedérllela á mesma empresa por 205 millóns de euros mais e cinco anos menos de concesión”.

A parlamentaria socialista apuntou que, malia ao compromiso de ter finalizada a autovía no verán de 2013, a realidade é que “as máquinas están paradas” dende fai 6 meses poro unha suposta falla de financiamento da empresa. Subliñou que no seu lugar “están medrando os pinos, hai escorrentías e os veciños teñen anegados os cauces e os camiños, imposibilitando o acceso ás propiedades”.

Advertiu que o goberno galego “non da garantías de continuar coas obras, xa que recoñece que a empresa segue sen resolver os problemas de financiamento”. Logo do debate, dixo que a Xunta “recoñece que a decisión de rescindir a primeira concesión foi sectaria e temeraria porque a empresa ten agora os mesmos problemas de financiamento que antes”.

Ademais, anunciou que a empresa “ten a intención de renunciar a executar todo o tramo da autovía, xa que pretende priorizar o tramo Carballo – Baio, deixando o tramo Baio – Berdoias “para cando as circunstancias o permitan”.

2496 Modificado por derradeira vez o Xoves, 14 Marzo 2013 17:03
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.