REUNIÓNS DO ALCALDE COS VECIÑOS PARA PRESENTAR O PXOM

Valora este artigo
(6 Votos)
Pichurri, recorrerá todas as parroquias nos próximos dous fins de semana, para presentar os veciñas e veciños o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXÓM). Tras anos de duro traballo o pasado 26 de Decembro, a Xunta de Galicia aprobou definitivamente o PXOM de Camariñas.

O PXOM vai a significar, que por primeira vez na historia de Camariñas, que a inmensa maioría de cidadáns que construíron a súa vivenda en terreos non urbanizables, poidan durmir tranquilos, incluso aqueles que quedan fora de ordenación.

Significa que poderán rexistrar as súas propiedades, que poderán solicitar unha licenza de primeira ocupación, e sobre todo ter unha normativa onde se poda construír de maneira de acordo a lexislación.

Tras a reunión que tivo a Corporación Municipal cos Técnicos e cos Construtores, tócalle agora  os veciños, e a partir de este próximo fin de semana o Alcalde percorrerá todo o concello para presentar en primeira persoa o PXOM.

As reunión terán lugar os días e lugares que se sinalan a continuación:

CAMELLE - Na Casa do Alemán o Venres 1 de Marzo ás 20:00.
PONTE DO PORTO - No Centro Cultural o Sábado 2 de Marzo ás 19:00.
AROU - No Centro Cultural o Venres 8 de Marzo ás 20:00.
CAMARIÑAS - Na Casa de Pedra o Sábado 9 de Marzo ás 17:00.
BRAÑAS VERDES - Na Casa de Francisco o Domingo 10 de Marzo ás 11:00.
SANTA MARIÑA - No antigo bar o Domingo 10 de Marzo ás 12:00.
XAVIÑA - Na Casa da Sociedá o Domingo 10 de Marzo ás 16:00.

 

3141 Modificado por derradeira vez o Martes, 26 Febreiro 2013 19:48
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.