Autovia Costa da Morte, o PP Incumpre a súa promesa

Valora este artigo
(2 Votos)

 

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal replica que segundo se reflicte dos pregos de condicións, a documentación que se entrega e os proxectos de execución deste vial son os mesmos que deixou feitos no seus día o Goberno Socialista.
Cualifica como “sorprende o establecemento dun prazo de execución de dous anos e tres meses para ter rematado este vial e a súa posta a disposición dos habitantes da Costa da Morte, Bergantiños e de Galicia enteira”.
Lembra que Feijoo aínda non explicou a frustración dunha adxudicación interrompida pola cheirume dun sobrecuste de 300 millóns de euros

 

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, afirmou hoxe que “Feijóo vai incumprir a súa palabra de rematar a construcción da Autovía da Costa da Morte na presente lexislatura”.O deputado fixo esta declaración tras coñecer a publicación no DOG da licitación da Autovía da Costa da Morte.

Explica que segundo se reflicte dos pregos de condicións, a documentación que se entrega e os proxectos de execución deste vial son os mesmos que deixou feitos no seus día o Goberno Socialista. Asevera que “non hai variación de características técnicas da infraestructura, nin de condicións, nin de trazado nin de nada que se lle pareza, como andiveron alimentando de xeito trilero dende a Xunta de Feijoo.

López Vidal cualifica como “sorprende o establecemento dun prazo de execución de dous anos e tres meses para ter rematado este vial e a súa posta a disposición dos habitantes da Costa da Morte, Bergantiños e de Galicia enteira”.

Sinala que as empresas teñen que presentar as súas ofertas a finais do mes de febreiro do ano 2011, tralos análises das mesmas e dende a sinatura do contrato teñen 27 meses (si non presentan nas ofertas outro prazo) para rematar os traballos. Replica que sendo optimistas falamos do horizonte de setembro de 2013 como data na que se poderá circular por esta autovía. Así as cousas afirma que “a lexislatura levará varios meses concluída e o Presidente da Xunta non poderá cumprir o seu compromiso de rematar esta obra na lexislatura vixente”.

O portavoz socialista subliña que este “abandono é outra demostración verificable da ausencia de compromiso dun goberno que foi incapaz de executar unha obra adxudicada na anterior lexislatura, e que hoxe estaría en estado moi avanzado pero que na actualidade acumula un retraso de dous anos na súa materialización”, espetou.
A maiores lembra que Feijoo aínda non explicou a frustración dunha adxudicación interrompida pola cheirume dun sobrecuste de 300 millóns de euros.
E concluíu “hoxe é o día da verdade, cando se demostra que o Goberno do Partido Popular non cumpre as súas promesas coa Costa da Morte e un vial imprescindible para poder gañar o futuro de Galicia”, resumiu.

 

3211 Modificado por derradeira vez o Xoves, 30 Decembro 2010 15:45
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.