REUNIÓN SOBRE O PXOM DO ALCALDE COS TÉCNICOS E CONSTRUCTORES NO CONCELLO

Valora este artigo
(9 Votos)
Hoxe o Alcalde de Camariñas tivo unha reunión para falar sobre o PXOM cos técnicos (arquitectos, aparejadores, ingenieros...) e cos constructores. O Alcalde comezou a explicación de todo o proceso de elaboración do plan ata as aprobacións inicial, provisionais e definitiva. Recordou que xa antes da aprobación inicial mantivera a mesma reunión cos técnicos e constructores. Pichurri pedíu a colaboración de todos eles para desenvolver o plan.

Os técnicos felicitaron ao grupo municipal por aprobar o plan. Estaban gratamente sorprendidos por ver que se recolle case todo o construído. Tamén deron a súa noraboa pola decisión de reducir as alturas a cambio de aumentar a extensión e de reducir as áreas de reparto facendo máis fácil o seu desenvolvemento.

Falaron que a expectativa de obras novas eran baixas pero Camariñas era un vaso de auga no medio do deserto. Indicaron que era de agradecer este esforzo e que o plan de Camariñas podería ter un efecto dinamizador en toda a comarca.

Seguidamente comezou unha rolda de preguntas sobre o plan, o futuro PREPI, as fincas pendentes de valoración de Costas, a solicitude de licencias,...

A continuación comezou a reunión cos constructores. O Alcalde transmitíolles o importante papel que teñan eles. Necesitamos a colaboración de todos para que o Plan funcione e as cousas se fagan ben.

Finalmente, o Alcalde anunciou que pronto se farán reunións parroquiais para presentar o plan.

 

3017 Modificado por derradeira vez o Venres, 15 Febreiro 2013 10:09
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.