VISITA DO PRESIDENTE DE PORTOS A CAMARIÑAS

Valora este artigo
(7 Votos)
Álvarez-Campana e Daniel Rego, protagonistas dun engaño a todo o pobo de Camariñas Álvarez-Campana e Daniel Rego, protagonistas dun engaño a todo o pobo de Camariñas
Os nosos vaticinios cumpríronse, e o Presidente de Portos de Galicia, ve moi complicado realizar o proxecto anunciado por os Charlatáns de Feira, Álvarez-Campana e Daniel Rego. O martes o Presidente de Portos de Galicia e o Alcalde de Camariñas estiveron visitando as obras que se están facendo nos portos de Camariñas e no de Arou.

En Camariñas a empresa ten executado aproximadamente 1.800.000 euros dos 2.700.000 que había presupostados. Os bloques xa están colocados na súa situación final e dúas partes do recheo executadas.

O que queda por facer é, dentro de unha semana ou dúas, levantar unha super-estrutura para seguir co recheo. Despois hai que pechar o fronte con escollera (fronte final), e poñer tódalas instalacións de evacuación de augas pluviais, abastecemento, alumeado e defensas.

O Presidente de Portos dixo que esperaba que para finais de verán estivera completamente rematada a obra. Engadiu que en Portos de Galicia non teñen obras como estas, xa que debido os orzamentos non é posible.

Recoñeceu que esta obra era necesaria, aínda que estamos en tempos difíciles e tivera un pequeniño retraso. “Esta obra cumpre ca prioridade do Goberno que é facilitar o traballo ao sector profesional, base da estrutura económica de Galicia”, explicou.

O Alcalde doulle as grazas ao Presidente pola súa visita, e sobre todo por cumprir en temas como o arranxo da pasarela do paseo marítimo de Camariñas, (como lle correspondía), e estar executando as obras na vía de acceso ao porto de Arou tras levar máis de  dous anos destruída.

Pichurri aproveitou para pedirlle ao Presidente de Portos que rematara a fachada marítima de Camariñas ao que o Presidente respondeu que ía estar moi complicado. “Podíase ir facendo o proxecto, para cando haxa cartos” respondeu o Alcalde.

Lembrar que os charlatáns de feira antes mencionados, anunciaron en abril de 2010 que a fachada marítima xa empezaría ese ano 2010, e que o proxecto xa estaba a pique de rematarse.

Tanto o Alcalde coma o Presidente de Portos agradeceron a empresa adxudicataria por estar traballando con bo e mal tempo.

Finalmente continuaron a visita a Arou onde a empresa López Cao os estaba agardando.

En Arou estase facendo unha obra que pretende solucionar o problema da destrución da rúa por parte do mar.

 

2385 Modificado por derradeira vez o Domingo, 09 Xuño 2013 09:47
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.