Orzamentos da Xunta para Camariñas. 1666,66 Euros

Valora este artigo
(7 Votos)
1.666,66 euros é a inversión que vai facer a Xunta do PP, no Concello de Camariñas, tal como aparece na única partida dos Orzamentos para o 2013 a cal denominan “Desenvolvemento sostible zonas costeiras concello de Camariñas”.

¡¡ Isto é burlarse de este concello!!, ¿onde están os investimentos comprometidos?

Os Socialistas de Camariñas, vamos a presentar a través da nosa Deputada Marisol Soneira, unha serie de emendas, nas que queremos que se recollan nos orzamentos, os compromisos adquiridos publicamente por parte da Xunta de Galicia.

Sabemos que os tempos non están para pedir cousas novas, que sen dúbida necesitamos, pero o que non nos resignamos é a que cumpran ca palabra dada.

As emendas que vanos a presentar son sobre:

-As actuacións do “Programa de Inversión Camariñas, un porto cara o século XXI”, onde so se levan investido 3 dos 11 millóns comprometidos.

-O Saneamento de Xaviña.

 

Sería de agradecer que o PP de Camariñas, aparque por un momento as súas liortas internas, e se poña e traballar por este concello, e pidan o que nos corresponde, é de supoñer que a eles si lle farán caso.

4007 Modificado por derradeira vez o Martes, 29 Xaneiro 2013 16:00
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.