EPPUR SI MUOVE - Aprobado Definitivamente o PXOM de Camariñas

Valora este artigo
(11 Votos)
Cando Galileo, para salvar a vida, tivo que renunciar publicamente ao que o seu raciocinio e as súas investigacións lle tiñan demostrado, expresou o famoso dito que da título a esta editorial: eppur si muove, é dicir: é, sen embargo, móvese.Referíase, o xenio de Pisa, a certeza astronómica de que a terra non era o centro do universo e de que solo era un planeta -un máis- dentro da cohorte de planetas que xiraban arredor do sol. Para a Inquisición aquelo era demasiado porque alteraba tódalas ensinanzas da igrexa ate ese momento.

Hoxe os feitos, e non as mentiras, constatan que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas é unha realidade con rango de lei e, como tal, figura publicada nos boletíns oficiais e non en libelos cibernéticos. E unha certeza mensurable. E a culminación dun traballo desenvolvido en solitario polo alcalde e polo grupo municipal socialista. Fixérono contra as calumnias dos novos inquisidores cibernéticos e contra o dogmatismo dos que pretenderon sacar tallada política da ignorancia e do medo convenientemente alimentados por determinadas castas sociais que, nunca, nunca, nunca, fixeron nada polo benestar material nin social do noso municipio. O contrario; sempre se consideraron unha élite que estaban moi por riba dos demais. E o que é peor de todo, son xentes que pensan que o concello de Camariñas é solo a vila de Camariñas e que o resto de parroquias, incluída Buría, non existen.

O PXOM vai a significar, por primeira vez na historia moderna de Camariñas, que a inmensa maioría de cidadáns que construíron a súa vivenda en terreos non urbanizables, poidan durmir tranquilos, incluso aqueles que quedan fora de ordenación. Significa que poderán rexistrar as súas propiedades, que poderán solicitar unha licencia de primeira ocupación, ou que poderán acceder a créditos hipotecarios. Significa unha clara delimitación entre os terreos urbanizables e os que non. Implica o remate da lei da selva e a dinamización dun sector económico como é a promoción e a construción inmobiliaria, entre outras moitos efectos positivos.

Significa, tamén, a consolidación dunha actividade industrial moi importante para a nosa economía e para o noso emprego, como é a conserveira. Pero non solo para ela. Dende agora existe chan industrial LEGAL a disposición dos emprendedores de todo o municipio. Mágoa que algúns, levados polos cantos de sereas do sectarismo máis vil, preferiran ir contra os seus propios  intereses económicos antes que agardar polo que hoxe é unha realidade.

Pero hai, sobre todo, un dato relevante. Os calumniadores e os manipuladores da realidade son incapaces de demostrar, con probas non con mentiras, que haxa un solo membro do equipo de goberno municipal que sala beneficiado con recalificacións de terreos en ningunha das catro parroquias. Non o farán porque é imposible xa que, por sorte ou por desgracia, os socialistas de Camariñas non tiveron pais que “arranxaron” convenientemente as concentracións parcelarias para que, sen que saiban o que é unha lagoña ou un arado, tiveran a “sorte” de que sempre lle tocasen os mellores predios no reparto aos que traballaban no “ayuntamiento” ou no “juzgado”, pola gracia dos servicios prestados ao moi Glorioso Alzamiento Nacional.

Eppur si muove  Camariñas que ve, como unha e outra vez, tódalas manipulacións e tódalas mentiras acaban sepultadas polos feitos: tanatorio municipal construíndose, PXOM aprobado e funcionando, polígono industrial a un paso de ser unha realidade despois da aprobación do PXOM tanto en Camariñas como na Ponte do Porto, etc. Pero, para vergonza duns poucos, féridos e escuros, móvese impulsada exclusivamente por un alcalde e por un grupo municipal que leva a práctica un programa político deseñado polos militantes, simpatizantes e votantes socialistas. Gracias a todos por facer posible que o Camariñas, Xaviña, a Ponte do Porto e Camelle do futuro se empecen a construír hoxe.

2487 Modificado por derradeira vez o Martes, 08 Xaneiro 2013 16:41
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.