Un día histórico, Camariñas terá en breve o seu propio PXOM

Valora este artigo
(18 Votos)
O alcalde Pichurri entregando hoxe ás 12:40 a documentación sobre o PXOM no rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela O alcalde Pichurri entregando hoxe ás 12:40 a documentación sobre o PXOM no rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela
O urbanismo é un dos asuntos mais difíciles de xestionar parar un concello, sobre todo cando existe unha cultura predeterminada na que a única lei existente era aquela de “ti vai facendo”; e o concello de Camariñas non foi unha excepción. A responsabilidade de que iso fose así é de todos, dende os equipos de goberno que prefería dicir si, cando debería dicir non,  ate o cidadán que sempre se amosou disposto a xogarse os aforros dunha vida e a tranquilidade persoal en proxectos que solo contaban co aval da “palabra” dun responsable político, pero sen a máis mínima base xurídica que o sustentase. Entre ámbolos dous extremos temos á oposición que, ou ben bendiciu estas prácticas, ou pasouse a oposición máis irresponsable sen solución de continuidade; hai, tamén, arquitectos, aparelladores, contratistas, e un número indeterminado de axentes que participan da cadea urbanística, que sempre pensaron máis nos seus intereses persoais que en buscar solucións racionais que permitisen o deseño dun modelo, onde a calidade de vida fose o primeiro, para o presente e para o futuro.

Os distintos gobernos de Camariñas levan lustros tentando dotar o municipio dunha planificación urbanística racional, moderna e con seguridade xurídica. Polo camiño atopáronse unha morea de obstáculos: cambios compulsivos na lexislación en materia de urbanismo, de medio ambiente, de protección de costas, etc, etc; manipulación irresponsable, dende a oposición política, que non dubidou en utilizar o urbanismo como arma de axitación social; presións interesada de axentes económicos e sociais que, por distintas razóns, tentaron facer fracasar a posibilidade de que Camariñas conte cun instrumento esencial de desenvolvemento económico; ou a utilización perversa das administracións como arma contra o adversario de distinto signo político, entre outros moitos.

O Goberno Municipal asumiu todo o custe que significa a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e, aparentemente, estamos diante do principio da aprobación definitiva pola administración competente: a Xunta de Galicia. Estamos, tamén, diante do remate da lei da selva en materia de urbanismo.
Pero nada diso é gratuíto, nin todos teñen o mesmo mérito nesta longa guerra que acabou en vitoria para tódolos camariñáns. Aquí hai, sobre todo, un protagonista que tomou unha decisión política de gran calado e de gran transcendencia para as xeracións futuras de camariñáns, aínda sendo consciente de que podería custarlle a alcaldía o seu partido. E a aposta dun político que pensa no futuro do seu pobo antes que no seu futuro político ou da súa formación política.

Esta persoa chámase, con maísculas, MANUEL VALERIANO ALONSO DE LEÓN, “PICHURRI”, e algún día, incluso aqueles que máis o criticaron e critican, recoñecerán que os políticos non se valoran polas veces que din “si” a todo, se non polas veces que tiveron que dicir “non” nalgunha ocasión, a pesares dos custes políticos e persoais que iso supón. Camariñas meréceo, e Camariñas saberá agradecer o traballo de quen a puxo por riba de intereses egoístas e perversos de curto alcance.

1768 Modificado por derradeira vez o Mércores, 12 Decembro 2012 16:13
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.