PORTOS DE GALICIA COBRA 4.819,69€ POLAS FESTAS DO CARME

Valora este artigo
(5 Votos)
O pasado 31 de outubro o Presidente do Ente Público Portos de Galicia visitou o porto de Camelle. Como non, estivo acompañado polo portavoz do grupo municipal do Partido Popular Daniel Rego.

 

O señor Durán non ven a comprometerse coa reparación da estrada Camelle -Arou, esnaquizada polos temporais de fai case dous anos. Tampouco ven a comprometerse cos mariñeiros de Camelle, Arou ou Santa Mariña para que poidan ter subministro de combustible subvencionado nos seus portos... dixo que xa o estudaría e “a ver que se pode facer”. Tampouco dixo nada da posibilidade de instalar pantaláns para as pequenas embarcacións no porto de Camelle, ou daquelas promesas de Portos e de Daniel Rego de alongar un pouco máis o dique de Santa Mariña.

Tamén perdeu unha boa ocasión o Presidente de Portos de explicar porqué o Ente Público que está baixo a súa dirección lle pasou o concello de Camariñas unha factura por importe de 4.819,69 euros pola “ocupación” de espazos portuarios durante as festas do Carme. Os espazos obxecto de semellante taxa son os que ocupan as atraccións durante as festas patronais da Virxe do Carme e que, como todo o mundo sabe, ocupan unha parte moi reducida da superficie portuaria durante menos dunha semana. Significa iso que, Portos de Galicia, cóbralle ao concello case mil euros diarios por unha actividade sen ánimo de lucro, lúdica, festiva e que beneficia a toda a comunidade.

Sen embargo non lle consta a esta redacción que este mesmo criterio se lle aplique a Daniel Rego pola ocupación e depósito permanente dun vehículo da súa propiedade xa que, segundo parece, tráelle máis a conta deixalo no porto que envialo a un despezamento.

Así que, da visita do Sr. Durán, concluiremos que  a súa presencia en Camelle solo buscaba unha foto co portavoz do PP en Camariñas logo que Feijoo e Rueda se retratasen coa oposición interna no PP local nun bar de copas en Santiago. Solucións e compromisos concretos? Ningún que se saiba.

Lamentablemente xa temos experiencia abondosa dos compromisos de Portos de Galicia con Camariñas e das tómbolas que montaba o Sr. Alvarez Campana vendendo fume. O único tanxible  é o imposto revolucionario que este Ente Público lle aplica aos cidadáns que pretenden celebrar a Patroa do Mar nas instalacións portuarias. Niso si que son eficientes e cumpridores. Tanto que mesmo reciben o sorriso e o aplauso do PP local.

 

2305 Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Novembro 2012 23:43
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.