Valora este artigo
(7 Votos)
Pachi Vázquez con Marisol Soneira nunha recente visita a Camariñas para ver  de primeira persoa os problemas que afectan o noso pobo Pachi Vázquez con Marisol Soneira nunha recente visita a Camariñas para ver de primeira persoa os problemas que afectan o noso pobo
O domingo 14 de outubro ás 8 da tarde celebrarase o Mitin Central do PSdeG-PSOE da Costa da Morte na Casa de Pedra en Camariñas coa presencia destacada de Pachi Vázquez, candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia. Xa vimos como o actual Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo nos toma o pelo ós camariñáns sin concedernos nin siquera unha visita para explicar polo menos canto baixará as pensións dos nosos xubilados si gaña estas eleccións. Debe de ser que está máis preocupado por Andalucía ou por non salir na foto con algún representante do PP de Camariñas. Os socialistas traemos ó noso candidato a Presidente aquí para que explique o seu proxecto persoalmente ós nosos veciños. É este un recoñecemento dende o PSdeG a toda a agrupación socialista de Camariñas polo gran traballo que está a realizar en estes anos de crisis e recortes do PP tanto a nivel estatal como autonómico.

Os socialistas de Camariñas queren invitar a tódalas persoas do noso concello e da Costa da Morte a asistir a este importantísimo mitin onde Pachi Vázquez xunto os nosos compañeiros socialistas de Camariñas expoñerán as alternativas ós graves recortes sociais xa realizados por Feijoo e Rajoy e á baixada de pensións que impoñerán este ano o goberno do PP sempre e cando os cidadáns llo permitamos.

Intervirán en Camariñas neste mitin central do PSdeG na Costa da Morte:


Encarna Liñeiro, Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Camariñas.
Pichurri, Alcalde de Camariñas.
Marisol Soneira, Deputada Autonómica, e candidata nº 5 pola provincia de A Coruña.
Pachi Vázquez: Candidato a Presidencia da Xunta.

GALICIA DECIDE. CAMARIÑAS DECIDE.

 

3349 Modificado por derradeira vez o Venres, 12 Outubro 2012 13:53
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.