FEIJÓO, MENTIRA DE DESTRUCIÓN MASIVA

Valora este artigo
(5 Votos)
O Titular do día 20 de setembro en La Voz de Galicia era rotundo: “PEMEX DARÁ EMPLEO 30 MESES A 3000 OPERARIOS DEL NAVAL EN FERROL Y VIGO”. Tamén engadía “La petrolera mexicana ha formalizado sendos encargos de buques hotel por 292 millones al astillero privado Barreras y al público Navantia”

Gran nova para o sector naval sen dúbida, pero tras ler o titular entrounos unha dúbida, ¿non serán moitos traballadores para este traballo?

Entón facendo unhas contas moi básicas temos:
Os Gastos dos traballadores, entre salarios, pagas extras, vacacións, seguros, e beneficio, que ten que ter o empresario, por mais ou menos cada traballador pódelle supoñer a empresa entorno os 3000 euros brutos. Pois ben poñamos por abaixo, 2500, e temos a seguinte conta:

3000 traballadores X 30 meses X 2500 euros = 225 millóns de euros.

Para o resto: aceiro, materiais, motores, equipos, etc, teñen soamente 292-225=67 millóns, aquí algo non cadra, ou a empresa queda empeñada, ou os barcos fannos de cartón.

Esta reflexión ¿non se lle pasou pola cabeza a ningún dos xornalistas presentes na rolda de prensa?.

Unha vez máis demostrase que Feijóo e unha máquina de mentir, propaganda 100%, como os miles de postos de traballo do plan eólico, as fabricas de baterías de coches eléctricos etc, etc,

O final ¿que temos? nada de nada, soamente máis paro cando a Xunta ten todas as políticas de emprego transferidas.

 

3807 Modificado por derradeira vez o Luns, 24 Setembro 2012 08:34
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.