Ampliación do Peirao de Camariñas, Unha Tomadura de Pelo

Valora este artigo
(2 Votos)
Coa chegada das eleccións autonómicas, repítese un clásico, “A reanudación das obras do Peirao de Camariñas”.

 

 

O Peirao estase a construír a golpe de campaña electoral, aconteceu en marzo e outubro do ano pasado, coincidindo coas eleccións municipais e xerais, e unha vez rematadas estes procesos electorais, a obra párase sen motivo algún.

A obra do Peirao comezou en mazo de 2011, tiña un prazo de execución de 14 meses por tanto tiña que estar rematada en maio de este ano, pero debido as continuas paralizacións aínda non está rematada.

O curioso e que unha vez convocadas as eleccións autonómicas, volven a empezar coas obras, xa se pode ver atracada unha draga no peirao, e de supoñer que pasado o 21 de outubro todo se volva a paralizar.

Para os Socialistas de Camariñas estas actitudes, cualificámolas como moi graves, para nos supoñen un insulto a intelixencia, e unha tomadura de pelo a este pobo.

O goberno de Feijóo non fixo nada en este Concello durante esta lexislatura, e a única obra que teñen comezada, úsana ao servizo dos intereses electorais do PP.

Nos confiamos no pobo de Camariñas, e estamos seguros que o 21 de outubro diranlle o PP que xa están fartos de tanto esquecemento e tanta tomadura de pelo.

2566 Modificado por derradeira vez o Xoves, 13 Setembro 2012 18:07
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.