Marisol Soneira Nº 5 da Lista Para as Eleccións Autonómicas.

Valora este artigo
(7 Votos)
Marisol volverá ao Parlamento de Galicia Marisol volverá ao Parlamento de Galicia
A nosa compañeira Marisol Soneira estará na candidatura do PSdG-PSOE nas próximas eleccións autonómicas no número 5 da lista

 


Aínda que na prensa estes días xa se daba por feito, nos somos respectuosos cos procesos orgánicos do noso Gran Partido, e informamos unha vez que no día de onte, o Comité Federal de Listas, aprobou definitivamente as listas das próximas eleccións autonómicas.

A lista na provincia de A Coruña, estará encabezada por Fran Caamaño, Marisol Soneira logo de realizar un excelente e abundante traballo no Parlamento de Galicia pasa do número 7 (posto no que concorreu nas últimas eleccións) ao número 5.

Coa presenza de Marisol nas listas, recoñecese o poder político da Costa de Morte. Poder gañado ano a ano coas vitorias electorais. En esta comarca, o PSdG-PSOE, ten 4 alcaldes e os seus concelleiros son decisivos en outro dous concellos. Ademais foi na Costa da Morte onde o PP sufriu o revés mais importante nas eleccións municipais.

Pois ben, moito que lle pese a algúns, unha vez máis, e xa van moitas, o Socialismo Camariñán e recoñecido, respectado e valorado en toda Galicia.

Estas elección son decisivas para Galicia e para España, o PP está gobernando en clave electoral, igual que fixo nas eleccións Andaluzas e Asturianas, deixa as decisión dolorosas para despois das eleccións.

Si gaña o PP, o que virá será moi duro, xa están falando de baixar as pensións e empeorar a sanidade quitando as mamografías e outras probas.

Si os galegos paramos a Feijóo, pararemos o goberno incompetente, inútil e insolidario de Rajoy.

 

2756 Modificado por derradeira vez o Mércores, 12 Setembro 2012 16:56
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.