ENCARNA LIÑEIRO POUSO REVALIDA A SECRETARIA XERAL DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(29 Votos)
O venres 6 de xullo na Casa do Pobo de Camariñas a Agrupación Socialista celebrou unha asemblea extraordinaria que tiña por obxecto a renovación dos órganos da Agrupación e que contou coa presenza de 54 militantes. O primeiro punto da orde do día foi o a presentación do informe de xestión parte da Secretaria Xeral, tras a presentación varios militantes tomaron a palabra para agradecer e felicitar a executiva saínte e moi especialmente a súa Secretaria Xeral por todo o traballo realizado. O informe de xestión foi aprobado por unanimidade.

Posteriormente pasouse a elección da nova executiva municipal, a única candidatura que optou a Secretaría Xeral foi a encabezada por Encarna Liñeiro Pouso. Encarna presentou os militantes o plan de traballo para estes vindeiros anos e presentou a xente que a ía acompañar na nova executiva. Na votación secreta obtivo o 100% dos votos.

A nova executiva está formada por:


 

Encarna Liñeiro Pouso

Secretaria Xeral

Juan Carlos Canosa Marcote

Vicesecretario Xeral e Secretario de Política Municipal.

Germán Camiño Mouzo

Secretario de Organización, Economía e Emprego.

Rosa Mª Mouzo Pasantes

Secretaria de Políticas Sociais, Igualdade e Turismo.

José Luís Rodríguez Tajes

Secretario de Acción Electoral e Mobilización.

Mª Ángeles Santos Cibrán

Secretaria de Mar e Medio Ambiente.

José Manuel Canosa Campaña

Secretario de Educación, Cultura e Deportes.

Tamara Castro Lema

Secretaria de Xuventude.

 



Na Asemblea tamén se elixiron os representates da Agrupación nos Comités Provincial e Nacional que serán:

Para o Comité Provincial.
Manuel V. Alonso de León (Pichurri).
Encarna Liñeiro Pouso.
Juan Carlos Canosa Marcote.

Para o Comité Nacional.
Mª José Pena Pose.
José Manuel Canosa Campaña

A nova executiva  encara o futuro con gran responsabilidad e con moito traballo a prol dos nosos militantes e veciños.

 

4152 Modificado por derradeira vez o Domingo, 08 Xullo 2012 09:24
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.