Asemblea Extraordinaria onde se elixirá a Nova Executiva

Valora este artigo
(11 Votos)
O vindeiro venres 6 de xullo, ás 22:00 horas, celebrarase unha  asemblea extraordinaria na Casa do Pobo na que a Agrupación Socialista de Camariñas tratará varios puntos entre os que destaca a elección por parte dos militantes da nova executiva que dirixirá o noso partido en Camariñas despois do importantísimo papel xogado polos delegados camariñáns do PSOE no recente Congreso Provincial no que saíu elexido o noso veciño da Costa da Morte e anterior Ministro de Xustiza do Goberno de España Fran Caamaño. Os puntos do día que debatiremos serán os seguintes:

ORDE DO DÍA:

Constitución da Asemblea e Elección de Mesa.
Presentación, debate e, no seu caso, aprobación da xestión da CEM.
Presentación de candidaturas para a elección da Comisión Executiva Municipal, dos e das membros do Comité Provincial e dos e das membros do Comité Nacional.
Votación das candidaturas presentadas para elixir a Comisión Executiva Municipal, os e as membros do Comité Provincial, e os e as membros do Comité Nacional Galego.

 

3767 Modificado por derradeira vez o Martes, 03 Xullo 2012 09:30
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.