Valora este artigo
(13 Votos)
Como baixan as aujas, primos. Teño eu un parente que, cando ajarrea aljén, sempre di o mesmo, en castrapo jalaico-castelán: ES LA JERRA!!!


Pois, si, ES LA JERRA entre as distintas familias do PP de Camariñas, e non hai mais que ler a Caverna para darse conta como se poñen entre eles. Manda juevos, que dí meu curmán da Pedra do Sal porque van bos de falar e arroupar a aljúns críticos do PSOE e poñéndose eles mesmos de exemplo de Arcadia Feliz! Van bos de tratar de sacar tallada da estabilidade emocional daljunha xente; van bos de alimentar o ejo insaciable daljúns.

Xa o dixo, fai tempo, o meu sosio o Lorcho do Muelle Novo. E isto non fixo mais que empesar. Pero, ollo o piollo, esta xente, que vive nunha realidade propia, é a que hasta fai pouco nos contaba as muitas virtudes do candidato e do programa do PP de Camariñas e que hoxe son propostos como alternariva aos mesmos porque séntense  “engañados”; son os mesmos que fabularon -e fabulan- sobre os demais pero que aínda non contaron o porqué chejaron a esta situasión. Son un jrupo de personas que non se moven por ideais se non por fobias persoais. Da a sensasión de que teñen aljo contra aljén, ou contra a toda a humanidade, porque, fálteme o sol, se non non se entende tan mala leche como teñen.

E outra cousiño, que case me esqueso. Xa sabedes que neste axuntamento noso perdemos muito tempo en lerias de sementerios, nichos, tanatorios, e demais lios de ultratumba. Pois ben, sejuro que sabedes, tamén, que non fai muito o consello abriúlle un expediente a aljén que, contra as normas establecidas polo concello – cando era alcalde Bautista Santos, e primeiro teniente de alcalde Alonso- acometíu obras non autorizadas no Cemiterio Municipal. Parese ser que a persoa en cuestión, no uso do seu dereito, denunsiou o acordo munisipal, pero os tribunais déronlle a rasón o consello... en base a rejulamentasión municipal que, como xa vos dijo, foi feita e aprobada por outro alcalde e por outro teniente de alcalde. Este Pichurri é un caso, mira que tentar faser cumplir a lei a todos!! Pero home de Dios, ti non ves que aljún pensa que a lei é solo para os demais e non para todos!!

O conto ten rabo, porque en todos estes líos sempre hai aljén que, disque, é do PSOE -auténtico, iso sí, porque o de Pichurri seica é doutro mundo-. O último susto déronllo a uns pescadores que, mentres mollaban a brinca o carón da miña posa, dícialle un o outro: cajón tal, que susto papein hoxe pola mañán cando viña cara aquí! E lojo?, prejuntoulle o sosio. Queres crer que aljén plantou no monte catro caixas de morto pedindo un tanatorio? Levei un susto de carallo! O socio, que paresía mais enterado do asunto, díxolle: eses son os líos dos do PSOE... Auténtico, por suposto! E aquí rematou a o asunto.


E a última, sosios. Como van aljúns aos Plenos. Miña Santiña das Lobeiras, pero cando poñerán un control de alcoholemia na porta do consello? Este Pichurri, insisto, é parvo o non permitir gravar os Plenos porque con solo reprodusir despois o que aljún di, e como vai, xa tiña a campaña feita. Unha májoa que xente coma esa nos represente. E, por serto, eu non sei se o que janan os conselleiros e o alcalde de Camariñas é muito ou pouco, pero disque os daquí baixáronse o salario todos, o alcalde xa o fixera o ano pasado tamén, e incluso unha conselleira renunsiu a media dedicasión. O que resulta curioso é que Rejo critique as remunerasións do equipo de joberno camariñán pero non dija nin ren do que cobre el na diputasión, ou de que haxa coroprasión jobernadas polo PP onde TODOS teñen dedicasión exclusiva. En Ponteseso, sen ir mais lonxe, como me informa a miña cuñada dende o Roncudo. Volvemos o mismo: as normas son pa todos menos para os meus, debe pensar aljún. 

Nada mais por hoxe, primos, que xa vai ben. Ajardo a que pase este trebón e dareille unha visita o meu curmán o Lorcho do Muelle Novo porque, polo que se ve, en Camariñas o conto está mui entretenido. Boa semana.

 

1590 Modificado por derradeira vez o Mércores, 30 Mai 2012 17:26
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.