O LORCHO PUXO A ORELLA... E ESCOITOU O QUE ESCOITOU

Valora este artigo
(16 Votos)
Moi boas teñades boas xentes. Eu, que levo un tempo sen solás, despertei hoxe de súpeto diante da chea de rumores, díxome-díxome, rexoubos e outras lerias que por aquí circulan.


Primeiro. Disque se confirma a ruptura total do PP con algúns dos seus membros en Camariñas e, se lle teño que facer caso as cousas que oio, non vai quedar títere con cabeza. A proba evidente é que na páxina “libre” incluso sacan noticias sobre a actividade... DA SONEIRA! Si, meus amigos, a deputada buriana tivo a “honra” de que a sacasen varias veces   polo seu traballo e non para poñela podre, como viña sendo habitual.

Por certo, contáballe un parroquiano a outro, falando das noticias publicadas nese medio de internet, que o redactor non lle contaron ben as cousas sobre algunha que outra comida, ou cea, na casa da Deputada onde, supostamente, se tramaban non se sabe cantas maldades sobre este ou aquel. Segundo el, as reunións onde se falaba de cambiar o número un non eran na Millarenga se non moito mais o norte, o carón do bravo mar. O mais curioso é que, segundo este fulano, ao parecer moi ben sabido, porque el estivo nun par desas xuntanzas, era a Soneira a que sempre se amosaba en contra desas prácticas.

Non sei o que hai de certo nesas cousas, porque xa sabedes que a realidade sempre é segundo o cristal con que se mira, pero o que falaba parecía que sabía de que ía o asunto.

E outra historia que vota por terra algunha teoría sobre de quen é responsabilidade o mantemento do puente da Dársena e do paseo, que si do Concello ou de Portos de Galicia, hoxe mesmo cachei á Soneira e o Alcalde falando no Muelle Novo. Soneira dicíalle ó Alcalde que estivera, pola mañá, co Presidente de Portos e que lle dixera que había autorizado o gasto para o arranxo dos desperfectos  que manteñen o paseo cortado. O Alcalde, escoiteino eu, díxolle que o ía chamar mañán para agradecerllo xa que o verán está aí, a volta da esquina, e cumpre que os turistas vexan a Camariñas en todo o seu esplendor.

E a pregunta que me fago eu é a seguinte, pero non habíamos quedado en que iso era competencia do Concello e que Portos nada tiña que ver no asunto? Miña naiña querida, como todo o que din teña as bases tan sólidas como cando dicían isto, vamos listos.

E outra preguntiña, cativa pero pergunta ao fin e o cabo, están paradas as obras do Muelle Novo ou aplican aquilo de: “teño un andar miudiño, miudiño, miudiño....”?

Bueno, amigos e amigas, por hoxe déixovos que está caendo a noite e voume recoller. Que a paz do bo mar vos acompañe.

 

1937 Modificado por derradeira vez o Sábado, 26 Mai 2012 09:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.