Valora este artigo
(8 Votos)
Álvarez Campana expoñendo a planificación. Álvarez Campana expoñendo a planificación.
O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras ben negras. O que ía a ser un dos días máis importantes para a historia de Camariñas, convertíase no día que o PP de Feijóo, lanzou a mentira, e o incumprimento máis grande, que se vira por este lugar.

 


Ese día o Presidente de Portos imputado no seu día Álvarez-Campana (moi curioso que a xente do PP de Camariñas non tiña reparo en acompañar a imputados), acompañado por Danielito mais coñecido agora por o “Okupa-Cociñeiro”, a deputada popular Marisol Piñeiro, e demais palmeiros do PP de Camariñas, anunciaron en unha cerimonia por todo o alto “unhas obras nunca vistas, con un orzamento de 11,2 millóns de euros no Programa de actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI”.

Acompañáronse de unha gran parafernalia, no que non faltaron planos, prazos e supostos investimentos, Televisión de Galicia, pinchos (pagados co diñeiro de todos) etc. Todo moi ben presentado, pero o final como sempre fixo o PP en Camariñas, papel mollado, o enésimo incumprimento con este Concello.

Das actuación prometidas solo se está levando a cabo, tarde e a golpe de campaña de electoral a Ampliación do Peirao. Foi curioso ver como esta obra se traballaba sempre que había campaña electoral, como aconteceu en marzo e outubro do ano pasado, e unha vez pasadas as eleccións páranse sen motivos aparentes. 

Das outras obras comprometidas, e que se tiñan que estar facendo este ano de 2012, nada de nada.

Fagamos un pequeno repaso o comprometido:

Acondicionamento do bordo portuario.
Consistía na construción da 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, a que vai dende a Punta do Canzorro ata a Punta da Carnicería. Obra que se ía a comezar a finais do 2010, e rematar no 2012.

Contradique.
Tratábase de construír un contradique saíndo da Punta da Carnicería. Tiña previsto comezar no 2011 e rematar no 2012.

Instalacións Pesqueiras.
Prometeron acondicionar o espazo ocupado (non confundir con okupado) polo Club Náutico, con unhas instalacións pesqueiras. A obra tíñase previsto executar entre 2011 e 2012.

Instalacións Náutico-Recreativas.
Supoñía o traslado do Club Náutico ata a Lonxa Vella e tamén dotación dunhas importantes instalacións en canto a pantaláns para as embarcacións náutico recreativas. Actuación prevista para os exercicios 2011, 2012 e 2013.

Urbanización da Zona Pesqueira
No 2012 está previsto que comezaran as obras de urbanización do Muelle Novo o que melloraría a operatividade e seguridade.

Está é a palabra de Feijóo, incumprimento tras incumprimento, todos eles bendicidos por o silencio cómplice do PP de Camariñas, okupados máis en desfacer Institucións exemplares, denunciar a veciños, e visitar cuarteis e xulgados, que loitar por os intereses do noso Concello.

 

3101 Modificado por derradeira vez o Luns, 14 Mai 2012 17:51
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.