O Goberno aniquila a Sanidade Universal para todos

Valora este artigo
(6 Votos)
O Goberno Rajoy acaba de tomar unha decisión que tira por terra o dereito a dispor de atención sanitaria para tódolos españois, independentemente do seu nivel de riqueza ou do seu extracto social, volvendo a vellas fórmulas que xa críamos esquecidas.

A reforma introducida polo Goberno obriga a tódolos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, a tódolos traballadores a pagar mais polos medicamentos, a todo o mundo a pagar polas prótesis que necesite, a pagar polo transporte sanitario para persoas maiores (pensionistas) que necesiten diálisis e outros tratamentos semellantes, establece tramos para o pago dos medicamentos en función da renda onde trata igual o que gaña 18.000€ o ano que o que gana 100.000, etc. Pero o grave deste auténtico Golpe de Estado ao dereito a saúde, o meu xuizo, está na decisión de privar os maiores de 26 anos, que nunca cotizaran a Seguridade Social, do dereito a acceder a sanidade pública en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns.

Un modelo de sociedade solidaria e xusta cóbralle aos cidadáns  en función da súa riqueza a través dos impostos directos (IRPF)  e a todos a través dos impostos indirectos (IVA), e logo ofrécelle, nos servizos básicos, unha carta igual de prestacións. Tamén contribuímos, proporcionalmente o noso salario,  a financiar a Seguridade Social.  E, polo tanto, falsa a afirmación de que dispoñemos dunha sanidade “gratis” total e que iso non se pode soster xa que a pagamos a través dos impostos (sempre pagan mais os que mais teñen a través do IRPF) e a través das cuotas mensuais onde sempre paga mais o que ten mais base de cotización. A cambio diso temos (agora xa será mellor dicir tiñamos)  unha boa sanidade, universal (que chegaba a todos en igualdade de condicións e independentemente da súa renda), e barata se a comparamos con outros países onde, por desgracia para eles, aínda teñen amplas capas sociais que non teñen acceso a sanidade por carecer de recursos. O exemplo de Estados Unidos é relevante.

Coa reforma introducida polo Partido Popular os maiores de 26 anos, que nunca tiveron a oportunidade de traballar e, polo tanto, de cotizar a Seguridade Social,  quedan excluídos da atención sanitaria pública e, se queren ser atendidos nela, terán que pagala. No suposto caso de que careza de medios terá que aportar un feixe de papeis que demostren que é pobre de solemnidade. Que significa isto?

Significa volver o modelo predemocrático onde había unha sanidade para pobres e outra para ricos; significa volver a caridade pública e renunciar a xustiza social; significa excluír a unha parte importante da cidadanía da solidariedade colectiva do conxunto da sociedade; significa que se abriu unha porta moi perigosa porque, si os que non cotizan  carecen de  dereito a atención sanitaria, canto tardarán en cuestionar a conveniencia, ou non, de prestar determinados servicios como transplantes, ou asistencia sanitaria “cara” a determinados colectivos como as persoas maiores? Significa, tamén, que se abre a posibilidade de que a atención sanitaria sexa distinta en función da conta corrente do paciente.

Quizá moita xente pense que isto en España non vai a ocorrer nunca, pero tampouco pensamos que se ía excluír a tódalas persoas maiores de 26 anos, que nunca cotizaran a Seguridade Social, da prestación sanitaria pública, e xa está en marcha. Este feito, por si mesmo, é a expresión terrible dunha ideoloxía que ve a sociedade humana como a evolución natural das especies onde a máxima é “sálvese o que poida”.
Para quen dubide do modelo que nos queren impoñer, recoméndolle que vexa a película Jhon Q., protagonizada por Denzel Washington (2002), onde se fai un retrato fidedigno do que significa ser rico ou pobre cando o teu fillo necesita un transplante de corazón.

2012 Modificado por derradeira vez o Xoves, 26 Abril 2012 11:43
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.