Algúns teñen uns H..... Como o Cavalo de Espartero.

Valora este artigo
(10 Votos)
O DOGA non para de publicar sentenzas condenatorias. O DOGA non para de publicar sentenzas condenatorias.
Miña Santa Sirenita! O que teño que ler e oír por non ser xordo!.
Anda o Daniel Rego e a “Caverna Camariñana” pedindo a dimisión de Pichurri porque está imputado -que non condenado- por unha denuncia do propio PP. O conto non deixaría de ter gracia se non fose porque o queren poñer no mesmo plano que a un tal Conde Roa  que, recoñecido por elo mesmo, cobrou case 300.000€ de IVA e, en lugar de pagarllo a facenda pública, quedouse con eles.

 


Hai unha estatua en Madrid na honra do xeneral Espartero montado a cabalo. O animaliño está moi logrado pero ten uns atributos  entre as patas de atrás que asustan. Pois esta xentiña tamén. Mira que hai que ter valor! O Daniel, que ten mais denuncias e sentencias en firme condenatorias que pulgas de mar en Lingunde, pídelle contas a outros e asubía pa riba cando os tribunais o condenan a pagar salarios e pufos coa Seguridade Social. E por riba ten os h...., coma o cavalo de Espartero, de falar de ética e doutras virtudes que el parece que coñece pero que non practica. Solo hai que ver o lamentable e bochornoso espectáculo que está dando no Club Náutico!.

 

Pero, non contento con iso, atrévese o PP a pedir a dimisión de Félix  Porto, alcalde de Muxía, porque tamén está imputado... vaia por Neptuno Bendito! Así que Pichurri e Félix Porto teñen que dimitir por estar imputados e sen ningunha condena pero Daniel Rego e Alberto Blanco (ex alcalde e Muxía e actual portavoz do grupo popular dese concello), ámbolos dous condenados por distintas e moi diversas circunstancias (o de Alberto Blanco no exercicio no seu cargo de alcalde non fai tantos anos), non solo non dimiten se non que dan leccións de comportamento democrático. Estes tipos son uns fenómenos, primeiro denuncian e logo láianse de que non dimitan. Se lles saíra ben a estratexia non quedarían mais alcaldes cos do PP.

O mais curioso é que, esta xente tan preocupada pola ética e pola virtude pública, non pedise a dimisión do alcalde de Fisterra e de Mazaricos... Si oh, si. Aqueles que están imputados por delitos moi graves despois dunha longa investigación do propio xusgado e da Garda Civil. Manda carallo!! Hai h...., ou non hai h....? O cavalo de Espartero o lado desta tropa é un manso capado.

Así que temos, por un lado, a un “señor” que está condenado en firme e “en paradeiro descoñecido”, que o pilla a Garda Civil mamado ao volante, que ten “okupadas” as instalacións do Náutico coma se fose un habitante de Penamoa. Por outro lado temos a outro “señor” que, sendo alcalde de Muxía, foi condenado por autorizar obras ilegais. E, no medio, temos o Partido Popular provincial que “esquece” que ten os alcaldes de Fisterra e Mazaricos imputados pola Operación Orquestra. Todos eles, con mais co.... que o cavalo de Espartero pídenlle contas aos demais por pecados veniais e obvian que eles están en pecado mortal. Meus Santiños do Mar, canto hai que oír por non ser xordo!!!

2646 Modificado por derradeira vez o Luns, 23 Abril 2012 09:07
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.