Valora este artigo
(9 Votos)
Moi boas, meus. Estaba eu dando un paseiño polas fergas do Muelle Novo cando escoitei a uns parroquiáns que falaban dun tal Conde Roa, alcalde de Santiago, que disque tiña que dimitir porque tiña unha morea de pufos coa facenda pública e que, tal como está a cousa no país, a dirección provincial do PP non quería coñas. Esta xente que, pola maneira de falar parecían xente do Partido Popular, parecían moi enterados.

 


E digo eu, o tal Conde Roa disque aínda non o sentenciou ninguén a ningún tipo de pena e, que se saiba, aínda non está condenado por ningún xuíz. A pesar diso disque a o PP da provincia da Coruña, que preside Carlos Negreira, está forzando a súa dimisión. Pero, si no PP demandan o cese dun señor que, por pouco edificante que sexa o seu comportamento, aínda non está condenado, que vai a pedir para alguén que ten enriba del unha man chea de sentencias condenatorias, un sen fin de pufos coa Seguridade Social, e todo un rosario de salarios impagados ós seus traballadores?.

Daniel Rego, na súa condición de responsable máximo de Viproga, S.A., está sentenciado e  condenado polos tribunais e, sen embargo, parece que as varas de medir do PP son distintas para el que para Conde Roa. Claro que da a impresión de que no PP tratan de escapar do seu lado e, o parecer, o Presidente da Deputación Provincial non acudiu a inauguración da Mostra para non ter que aparecer na foto con el, ou iso é o que comentaban estes dous que andaban paseando polo Muelle Novo. Alá o PP coas súas cousas, pero se eu fose o Conde Roa estaría mosqueado.

Por certo, parece que a Mostra deste ano foi todo un éxito, e a proba mais palpable é que, dende a caverna camariñana, tiveron que acudir ós cemiterios para atopar tema. Esta xente da dereita extrema é para estudiar: cando as familias queren desenterrar os seus defuntos asasinados polo franquismo nas cunetas de España, din que a esquerda quere resucitar os mortos; sen embargo eles non dubidan en amosar mortos que, se algo foron, foi o azoute da dereita e que, en vida, nun dubidaron en calumniar, alcumar e despreciar. Hai, miña Santa Sirenita, se pudese contar todo canto sei!

Nada, meus amigos, déixovos que von a visitar a miña veciña a Barbada da Esbarda que disque ten algunha novedade que contarme. Astra outra millorada e que os Santos Deuses do Mar vos sexan propicios.

 

1880 Modificado por derradeira vez o Luns, 16 Abril 2012 13:02
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.