Valora este artigo
(4 Votos)
Señor Subdelegado do Goberno de España, Señora Presidenta da Fundación de Artesanía da Xunta de Galicia, Señoras Deputadas, Señores Deputados, Alcaldes, Alcaldesas, Concelleiros, Concelleiras, Autoridades, Delegacións estranxeiras, Expositores, Señoras e Señores, benvidos a XXII MOSTRA INTERNACIONAL DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS, benvidos a Camariñas.


É para todos os veciños do noso Concello un orgullo poder estar hoxe aquí, e poder enxalzar un ano máis a nosa artesanía do Encaixe de Camariñas, tamén ser capaces de poñer en valor a capacidade das nosas mulleres palilleiras, por que sen a súa aportación , e sen o seu traballo TAMPOUCO VALORADO, nos non seríamos de capaces de levar adiante todo este evento da Mostra Internacional do Encaixe de Camariñas.

Amigos e amigas, os Concellos, os traballadores, os artesanos, as pequenas e medianas empresas, en definitiva a clase media en xeral, tocounos vivir estes momentos de dificultades,económicas, de recortes de dereitos, de recortes de valores hasta de recortes de ilusión, e estamolos afrontando con resignación, amigos e amigas creo que temos que cambiar de actitude e afrontalos retos que temos por diante loitando polos nosos dereitos, con traballo, con imaxinación, e sobre todo con ilusión de superar esta situación que non a provocamos ningún de nos.

Por iso lle pedimos a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, que nos teñan sempre presentes a hora de preparar os presupostos das súas administracións para que a Mostra Internacional do Encaixe de Camariñas a podamos seguir realizando nos anos vindeiros.

Amigos e amigas espero que vos guste esta XXII Mostra Internacional do Encaixe de Camariñas, fixémola con traballo, con ilusión e coa esperanza de que sexa do voso agrado e vos sintades como si tiverades na vosa casa. Anímovos a mercar Encaixe de Camariñas para vos e para regalar os vosos familiares e amigos, vánvolo agradecer.

Moitas gracias pola vosa visita. Gracias.

 

2867 Modificado por derradeira vez o Xoves, 05 Abril 2012 10:29
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.