100 Días de Rajoy (I)

Valora este artigo
(1 Voto)
Rajoy en un barco de Narcos, para os cales prepara unha anmistía fiscal Rajoy en un barco de Narcos, para os cales prepara unha anmistía fiscal
En tan só 100 días Rajoy fixo retroceder a España o século pasado.
Rajoy que chegou ao Goberno prometendo que ía sacar a España da crise e a crear emprego, cun Plan moi rigoroso que xa tiña preparado, e tan so 100 días o plan non aparece por ningún lado.
A prima de risco aumentou un 26%, a Bolsa caeu a mínimos históricos e o paro alcanzou máximos ata agora non coñecidos.

Dixo:

“En cuanto haya un Gobierno del que la gente diga: me puedo fiar, comenzará la inversión y la recuperación”.

Pero o que pasou nos seus primeiros 100 días de Goberno, é que entramos en recesión. A prima de risco chegou a superar en 30 puntos á italiana. E a confianza dos consumidores caeu 13 puntos.

En lugar de saír da crise o que anuncia agora Rajoy é que estaremos en recesión en 2012 (-1.7%) e que 2013 non será moito mellor. A herdanza recibida do goberno Socialista fori unha España medrando pouco un 0,7%, pero o fin e cabo medrando.

En lugar de crear emprego, Rajoy anuncia que no primeiro ano de goberno haberá 630.000 parados máis.

Dixo que non subiría os impostos e fixo unha das maiores subidas de impostos de toda a democracia, cargándolla sobre todo as rendas do traballo e as clases medias.

Dixo que non abarataría o despedimento e fixo que agora sexa gratis durante o primeiro ano coa súa reforma laboral.
Unha reforma que quita dereitos os traballadores e da todo o poder os empresarios.

2337 Modificado por derradeira vez o Mércores, 04 Abril 2012 13:44
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.