A Xunta retíralle o apoio económico as Confrarías.

Valora este artigo
(1 Voto)
Marisol Soneria, a Camariñana portavoz de Pesca no Parlamento de Galicia Marisol Soneria, a Camariñana portavoz de Pesca no Parlamento de Galicia
Marisol Soneira advirte que o Goberno galego sitúa aos pósitos “ao borde do desafiuzamento”

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe á Xunta de “retirarlle o apoio económico ás confrarías galegas unilateral e discrecionalmente” ao “incumprir os pagos polos convenios asinados”. A responsable socialista presentou hoxe unha Pregunta oral na Comisión de Pesca do Parlamento na que acusou á Xunta de situar aos pósitos “ao borde do desafiuzamento”.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “poñerse de perfil” diante da situación económica “moi delicada” da maioría das confrarías, que mesmo chegan a ser incapaces de facer fronte aos gastos ordinarios. Engadiu que a situación, lonxe de arranxarse, verase agudizada logo de constatar que a día de hoxe “levamos un trimestre e aínda non asinaron os convenios para o ano 2012”.

Apuntou que nalgúns casos, como nomeadamente os mariscadores de Barallobre, que están ao límite da subsistencia por mor dos impagos da Xunta de Galicia, que incumpre reiteradamente os seus propios compromisos.

Advertiu así que algunhas confrarías “están facendo fronte ás nóminas de asistencias técnicas e dos vixiantes cos seus recursos propios”. Esta situación, explicou, “está abocando aos pósitos a unha carencia absoluta de liquidez, obrigándoos a recorrer a pólizas de crédito ou a recursos dos propios cofrades”.

2631
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.