XXII MOSTRA DO ENCAIXE ABRE AS SÚAS PORTAS

Valora este artigo
(1 Voto)
A XXII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas comezará hoxe a partires das 15:00 cando abra as súas portas ao público, aínda que o acto oficial de inauguración está previsto para as 17:00 horas.

Os asistentes na primeira xornada poderán desfrutar das demostracións das máis de 30 palilleiras infantís das escolas municipais, dos primeiros desfiles de moda de noveis e grandes deseñadores, así como das exposicións que presentarán as 14 delegacións internacionais de encaixeiras.

Tamén terán a oportunidade de visitar a zona de ocio e degustación gastronómica que será una das novidades de esta edición. “Este será un espazo ideal para compartir en familia, xa que mentres os rapaces e rapazas participan de divertidos obradoiros, os pais poden aproveitar para degustar distintos produtos nacionais”, explica a concelleira delegada da Mostra, Sandra Insua.

A Mostra estará aberta ao público ata o 8 de abril en horario continúo dende as 11:00 á
21:00 horas, e nela haberá curiosidades como as exposicións de Tocados realizados de Encaixe de Camariñas e enxovais onde destacarán “as impresionantes mantelerías que as encaixeiras presentarán despois de moitas xornadas de dedicación e mimo”, asegura a edil quen tamén destaca as novidades en decoración interior, afirmando que o máis chamativo será a exposición de lámpadas “onde o Encaixe de Camariñas reafirma, unha vez máis, a súa flexibilidade na aplicación de calquera tipo de material e soporte.”

Día do voluntariado
Esta nova edición da Mostra é a primeira en dedicar a súa celebración a unha causa solidaria.

Este ano, por ser o décimo aniversario do afundimento do Prestige, decidiuse dedicar o evento ao voluntariado.

Mañá, xoves 5 de abril, realizarase unha xuntanza de voluntarios e voluntarias, que ademais de compartir as súas experiencias, contarán con un picnic e ruta guiada polas praias onde estivo a Marea Branca. En homenaxe a este movemento, distribuiranse máis de 700 lazos de cores, feitos de Encaixe de Camariñas, dos cales, 200 regálanos as palilleiras locais que queren sumarse ao agradecemento.

2481 Modificado por derradeira vez o Mércores, 04 Abril 2012 06:55
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.