Valora este artigo
(5 Votos)
Bo día teñades todos e todas, meus. Nótase ambientiño pola vila. O tempo soleado, que non bo, e a próxima Semana Santa animan a xente a vir a Camariñas a vivir a Festa do Encaixe. Si señor, e xa van ... vintadúas edicións!! Quen llo ía a contar á Soneira cando empezou con ela!!.

 

Por certo, contoume un corrobico (correlimos para los finos), que por primeira vez na historia da Mostra o Presidente da Deputación Provincial da Coruña non vai a vir a súa inauguración... Manda carallo, meus. Temos un tipo liberado na Deputación que é de Camariñas, ou iso di el,  e é a primeira vez que isto pasa. Nas XXI edicións anteriores sempre estivo representado o máximo organismo provincial ó máximo nivel: Moreda (PSOE), José Luís Torres Colomer (PP), Cesar Augusto Lendoiro (PP). Lamentable o papel do PP de Camariñas.

Porqué cobrará Danielito na Deputación? Por defender os intereses dos camariñáns parece que non. Para mais coña a representante da Deputación disque vai ser... A ALCALDESA DE CEE... EI CARBALLEIRA!!!! Virá acompañada de Daniel Oca? Porque estes dous xa son parella de feito e a onde vai unha vai o outro para marcarse mutuamente... non vaia ser!!.

No persoal... que queredes que vos conte? Fai uns días xa contábamos nós que os rexoubeiros falaban dalguén que o cachara a Garda Civil de Tráfico mamado en Bahiñas. Nos non sabíamos quen era, solo que era unha persoa importante do PP de Camariñas. Logo vimos publicado que o fenómeno en cuestión era o Danielito... e el non o desmentiu!!... Así que a conclusión é clara, quen cala outorga. Miña Santa Sirenita, que calamidade de xente... e pensar que aínda hai incautos que lle rin as gracias... e pensar que aínda hai fenómenos que pretenden darlle leccións de ética e de moral a outros... Xa o di o vello refrán castelán: Pensa o ladrón que todos son da súa condición.

Porque non é solo que un representante público -o máximo representante do partido político mais importante actualmente en Galicia e en España, en Camariñas- teña un comportamento semellante a bordo dun volante, co que iso significa de perigoso para o resto de condutores, se non que o que está a pasar aquí, o lado da miña poza, no Náutico, é penoso, patético e digno do personaxe.

Manda mais o grupo de okupas, co Danielito a cabeza, que a Xunta Directiva e co Presidente do Náutico. Tanto lles da: Incumpren toda norma e todo acordo, impoñen o seu criterio porque si, pasan por riba dos demais como se aínda vivísemos nas épocas en que os seus devanceiros facían e desfacían a capricho, acaban coa imaxe do Náutico e de Camariñas sen importarlle nada... Imaxinades que esta tropa chegase a gobernar o concello? Miña Santiña de Furnaderba, solo de pensalo tremo.

E outra cousiña que ven o pelo despois de escoitar as gaivotas berrar polos salarios dos concelleiros e do alcalde. Se vos tomades a molestia de ler este artigo da Voz de Galicia, darédesvos conta de que os concelleiros e o alcalde deste municipio son os mais baratos da comarca, e non admiten comparación con outros, sobre todo do PP. Se sumamos os soldos e as cargas sociais dos cargos políticos de Ponteceso (PP) pasan dos 200.000 euros... CADA ANO!!!. E o Chocolate dicindo bobadas... Por certo, a miña felicitación a Mari Carmen Linares, polo que fixo e polo seu artigo nesta páxina, na que me deixan escribir de cando en vez.

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/06/23/0003_201106C23C10991.htm

Ate outra mellorada, meus. Veña ou non veña o Diego Calvo, eu vou a ir a Mostra, a ver o traballo da miña lorcha que me prometiu unha rosiña vermella de encaixe. Vou ser a envexa de tódolos peixes.

Desfrutade que non hai mellor mediciña ca alegría.

2855 Modificado por derradeira vez o Luns, 02 Abril 2012 13:04
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.