Valora este artigo
(1 Voto)
O venres 30 de marzo vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello, no que se vai a someter a votación a Aprobación provisional do Plan Xeral, unha vez feitas as modificacións a que obrigou a Xunta.
O Plan Xeral lévase a Pleno cos informe favorables de Secretaría, Intervención e Arquitecta municipal, e unha vez aprobado, esperemos que a Xunta lle dea esta vez o visto bo, e así moita xente poda durmir tranquila o ter a súa casa dentro da legalidade, as persoas que queiran construír o fagan con seguridade xurídica, e tamén en estes momentos de crise, se lles abra novos traballos os construtores.
Tamén se aprobará unha importante obra de saneamento en Camariñas.

A orde do día e o seguinte:

PARTE I: ADOPCIÓN DE ACORDOS

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesións ordinarias e extraordinarias anteriores.
2.- Irmanamento entre os Concellos de Camariñas e Novedrate.
3.- Participación no Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2008-2011 da Deputación Provincial de A Coruña coa finalidade de esgotar a cantidade asignada a este Concello para o período 2008-2011.
4.- Aprobación provisional do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM).
5.- Mocións de urxencia.

PARTE II: CONTROL ÓRGANOS DE GOBERNO.

6.- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
7.- Dación de conta da relación certificada das obrigas pendentes de pago expedida en cumprimento do Real Decreto-lei 4/2012, do 24 de Febreiro
8.- Rogos e Preguntas.

Invitamos a todos os veciñ@s a asistir a este importantísimo pleno, e así poidan coñecer por eles mesmos todo cando alí acontece.

1996
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.