As liortas encarnizadas do PP de Camariñas

Valora este artigo
(8 Votos)
Adeus ó dúo dinámico do PP de Camariñas Adeus ó dúo dinámico do PP de Camariñas Facebook.com
Aquí estou de novo, meus. Hoxe o conto vai de problemas dentro do PP, tanto en Camariñas como en Vimianzo. Bueno, o de Vimianzo xa é de dominio público e mesmo se reflicte na prensa comarcal de hoxe:Dona Carme, que ía para conselleira, é cuestionada polos propios seus que xa nin de voceira municipal a queren. Claro que disque os rebeldes o que queren e buscar aliados para presentar unha moción de censura en Vimianzo aínda que lle teñan que regalar a alcaldía a outra forza... Quen o sabe? Os rexoubes pola capital de Soneira andan adoecidos, segundo me conta o meu parente o Lorcho de Cereixo


Pero non é solo en Vimianzo. En Camariñas disque anda o conto que abrasa. Fanse reunións na Carretera do Faro as que non se invita o Danielito. Mantéñense encontros coa dirección provincial do PP para queixarse amargamente de como van as cousas. Primeiro van uns e, aínda non teñen pechado a porta e xa aparecen outros. O Daniel vai a moción de censura de Cee acompañado por unha única concellleira, a quen presenta como a nova Sª Xeral do PP de Camariñas... Nunha palabra, meus. Un lío fenomenal.

E logo que xa non se cortan nada en poñerse podres uns a outros onde poden. Sen ir mais lonxe, o outro día, na terraza do Casino, dous destacados membros do Partido Popular de Camariñas, bufaban contra non sei quen, que o pillara en Baiñas a Garda Civil de Tráfico absolutamente pasado de alcohol, que lle bloquearon o vehículo e tivo que ir un familiar a buscalo. O meu veciño, o Lorcho do Cansorro, non atinou a escoitar a quen se referían pero disque falaban para quen os quixera oír. Non sei o que hai de certo pero o conto disque está que arde. Os mesmos persoeiros contaban que incluso a mala imaxe do PP de Camariñas chegaba o propio goberno de Feijoo xa que, algún destacado membro do mesmo, tivo que pasar o bochorno de ver como lle reclamaban o pago dunha factura nun restaurante de Compostela. A factura correspondía, segundo contaban os rexoubeiros, a unha “invitación” que alguén do PP camariñán fixera alí uns días antes.

Non che sei o que hai de certo pero isto ten pinta de non facer mais que empezar. Xa sabemos que non hai peor cuña que a da mesma madeira, e disto algo saben os colegas socialistas de Camariñas. Ten traballo... Danielito?..., Chocolate?... Outro distinto?... Sabe Deus quen será a quen lle encargarán amañar esta desfeita pero non parece que teña o conto fácil.

Pois nada mais, meus amigos. Por hoxe déixovos que da o soliño da mañá na miña poza do Muelle Novo e vou a temperar os meus deloridos hosos

Que a Santa Sirenita vos acompañe nestes frescos días de nordés.

Ata outra millorada

1926 Modificado por derradeira vez o Mércores, 21 Marzo 2012 19:00
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.