×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

RAJOY DI QUE NON SE PODE VIVIR NUN PAÍS ONDE AS INSTITUCIÓNS NON PAGAN.

Valora este artigo
(1 Voto)
Acaso a comunicación entre os máximos representantes do PP falla. O u por contra o señor Rajoy está pasando da política que o señor Feijóo está levando a cabo en Galicia.


Os feitos me remito:


O señor Feijóo encárgase de recordarnos a cotío a súa boa xestión pola cal Galicia, non vai ter problemas coa débeda. Noraboa, pero … ¿a costa de quen  ou de que están esas contas tan o día? Se a Xunta non collera por norma o de non pagar, esas contas non creo que cadraran tan ben, porque teño que recordarlle, que os PREXUBILADOS, MARISCADORAS, COFRADÍAS, TAREFAS DE RECUPERACIÓN DE ZOAS MARISQUEIRAS…  non percibiron un euro, algúns desde fai un ano.

Parece ser que para os políticos do PP e máis importante cadrar as contas, antes que pagar as débedas que eles contraeron con moitos pobres cidadáns, os cales, en moitos casos, denegáronlle o dereito a gañar un peso mentres non cobraban, e resignados seguen esperando a que Xunta se acorde de pagarlles .

Supoño que tamén axudarían moito os recortes que fixeron en: ASUNTOS SOCIAIS, EDUCACIÓN ,SANIDADE… Para qué molestarse con xente que necesita axuda… Que paguen unha asistenta para iso cobran os 300 euros.  ¿Por qué teñen que cubrir baixas?, Non se permiten as baixas e punto. E o que se atreva a collelas,  “A LA CALLE”.

E nas garderías, ¿van a gastar en cubrir vacacións?, pois claro que non. Cérranse as garderías un mes E PUNTO Y PELOTA.

CONTANDO COS CARTOS DOS DEMAIS PARA AS SÚAS NECESIDADES, CORTANDO OS PROBLEMAS DE RAÍZ , E DEMOSTRANDO UN TOTAL DESPREZO POLO BENESTAR E NECESIDADES DAS PERSOAS

Señores do PP, pódense sentir ben orgullosos da súa xestión.

2459 Modificado por derradeira vez o Mércores, 21 Marzo 2012 16:34
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.