A Mostra do Encaixe coa iniciativa Galicia en Color

Valora este artigo
(3 Votos)
Ola boas tardes a todos e a todas, para min é unha honra ser a concelleira delegada da Mostra do Encaixe nesta vixésimo segunda edición que estamos a piques de celebrar. Son moitos anos traballando para que Camariñas sexa realmente a capital mundial do Encaixe. As persoas e compañeiros que me precederon nesta labor deixaron o listón moi alto, pero a vontade de este ano é facer unha mostra única e moi especial.


Durante moito tempo as artesás palilleiras do noso concello loitaron por posicionar o seu produto nuns stándares de calidade excepcionales, fixeron dun traballo artesán un elemento diferenciador, e un motivo de orgullo para todos os  veciños de Camariñas. Mentres outros sectores de artesanía galega  ven perigar a súa supervivencia, o Encaixe de Camariñas continúa acadando prestixio nacional e internacional, isto provoca un motor dinamizador que se transmite dende as máis pequenas das nosas palilleiras, que aprenden o oficio nas escolas, ata as máis veteranas que levan o noso Encaixe por numerosas feiras do mundo.

Actualmente hai medio centenar palilleiras asociadas e numerosas particulares que divulgan o seu bo facer como unha arte recoñecida e valorada. Os tempos que corren son difíciles para todos, e por iso máis que nunca é preciso da unión e colaboración do sector.

Ainda que o Encaixe de Camariñas se recoñece como único, a súa mostra, o seu escaparate  ven sufrindo nos últimos anos una redución considerable nos seus orzamentos. Somos transparentes, este ano contamos con pouco máis de 100.000 euros, a metade do que contaba a mostra anterior.

Polo que entenderedes que, e permitídeme a expresión, “debemos facer encaixe de bolillos” para que a Mostra non só non perda a súa calidade, senón que ademais de mantela incorpore novidades ao seu programa e faga que un ano máis, a Mostra supere as súas propias expectativas.

Porque en Camariñas sabemos facer ben as cousas, e non queremos que a Mostra se perda, aquí  entendemos de  desafíos, e malia a situación iremos un paso máis aló,  este ano, como adiantou Manuel Pan, dedicamos a Mostra ao Voluntariado.

É a primeira vez que se fai, pero Camariñas quere participar deste agradecemento a toda esa xente que dende España e Europa veu a axudar desinteresadamente a limpar as nosas praias. Galicia en color, é para nos unha oportunidade, dentro da mostra do Encaixe, de ser agradecidos.

En este sentido as palilleiras de Camariñas, decidiron facer uns lazos de cores de Encaixe. 500 lazos de cores distribuiranse durante a mostra, pero as palilleiras, queren regalar para esta causa máis de 170 pezas. Amosando así o seu agradecemento co voluntariado do Prestige e ao medio centenar de  voluntarios e voluntarias que cada ano participan desinteresadamente na organización e execución da Mostra do Encaixe de Camariñas. Porque nos tamén temos os nosos voluntarios.

Como dicía ao inicio, será unha mostra especial, en tempos difíciles, será unha mostra única grazas ás palilleiras, voluntarios e voluntarias e a aquelas entidades que colaboran para que polo de agora, o selo de identidade de Camariñas, como o é a mostra do Encaixe, non só se manteña firme, senón máis forte que nunca.

E pola miña parte nada máis, agradecer a vosa presenza, e pedir que todos se sumen a esta iniciativa e visiten a Mostra do Encaixe.
A vixésimo segunda Mostra do Encaixe de Camariñas é a que conta con menos recursos.
A vixésimo segunda Mostra do Encaixe de Camariñas é a primeira que comparte os seus esforzos co agradecemento por aqueles que fan máis con menos.
A vixésimo segunda Mostra do Encaixe de Camariñas é, como sempre, en Semana Santa.

1879 Modificado por derradeira vez o Sábado, 10 Marzo 2012 16:06
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.