×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

OS SOCIALISTAS DEMANDAN AO GOBERNO DE FEIJOO QUE ABONE AS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL DAS MARISCADORAS MAIORES DE 65 ANOS

Valora este artigo
(3 Votos)
- A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira esixe á Xunta que dea cumprimento aos convenios coas confrarías e outros colectivos do mar, aboando trimestralmente as cantidades comprometidas.
- Denuncia que a Consellaría do Mar acumula un atraso considerable no aboamento de subvencións, axudas e convenios con particulares e entidades do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia.
- Ademais pide facer provisión de fondos propios, cando o financiamento das axudas sexa de máis dunha administración.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento na que esixe ao Goberno de Feijoo que abone trimestralmente as cotas da seguridade social das mariscadoras maiores de 65 anos e que non teñen o período mínimo cotizado para ter dereito a unha pensión de xubilación.

Soneira demanda á Xunta que dea cumprimento aos convenios coas confrarías e outros colectivos do mar, aboando trimestralmente as cantidades comprometidas.
A deputada de Buría Marisol Soneira rexistrou a proposición no Parlamento de Galicia
Na iniciativa reclama tamén facer provisión de fondos propios, cando o financiamento das axudas sexa de máis dunha administración, para adiantar, se fose o caso, as axudas comprometidas para os colectivos a que se fai referencia no primeiro e no segundo punto desta iniciativa.

A deputada denuncia que a Consellaría do Mar acumula un atraso considerable no aboamento de subvencións, axudas e convenios con particulares e entidades do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia.

Afirma que as mariscadoras maiores de 65 anos que non teñen cotizado o período mínimo para acceder á pensión de xubilación acumulan atrasos de mais de oito meses e, segundo palabras da Conselleira Rosa Quintana, “non se fará efectivo o abono do importe da Seguridade Social comprometido con cada unha delas ata que non haxa dispoñibilidade”.

Sinala ademais que os mariñeiros acollidos á xubilación anticipada están na mesma situación e coa obriga de seguir cotizando ata os 65 anos.

Trampa mortal


Así as cousas Soneira advirte que “a situación é dramática xa que os dous colectivos, non poden exercer a profesión, polo que non obteñen ningún tipo de ingreso por esa vía, nin poden deixar de pagar relixiosamente as cotas mensuais a Seguridade Social”. Explica que de non facelo, perderían todo o dereito e estarían obrigados a reintegrar as cantidades percibidas ata maio da Administración.


Por iso cualifica esta situación como “unha trampa mortal para quen non ten outra fonte de ingresos”.

Ademais tamén advirte do atraso considerable que levan acumuladas confrarías e agrupacións de mariscadoras dos correspondentes convenios asinados coa Administración, “así con estas cifras teremos completado o cadro da desesperación por parte de aqueles que, fiándose do seu Goberno, están pillados nunha trampa da que non poden saír”, lamentou.

1542 Modificado por derradeira vez o Luns, 16 Xaneiro 2012 09:11
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.