O valor de ser da Costa da Morte por Fran Caamaño

Valora este artigo
(11 Votos)
Fran Caamaño acompañado polo Alcalde de Camariñas e decenas de xóvenes simpatizantes camariñáns Fran Caamaño acompañado polo Alcalde de Camariñas e decenas de xóvenes simpatizantes camariñáns
Hai pobos aos que a xeografía e a historia abocaron a construír o seu futuro, en boa medida, coas súas propias mans, sobre un esforzo titánico e solitario. Son pobos, por iso, cunha gran fe en si mesmos, afeitos aos obstáculos, pero alleos a ideas como o desalento ou o fracaso. Trátase de pobos que nunca saen derrotados, avanzan contra o vento seguindo conviccións sólidas. Dá igual as dificultades que afronten. A súa perseveranza e afán constrúen pontes dende as que superar calquera adversidade. A suma de todos os veciños, dispostos a traballar arreo, solidariamente, uns a carón de outros, forxou este carácter especial. En realidade, hai poucos pobos así, donos de valores colectivos tan fortes nunha sociedade cada vez máis ensimesmada e individualista.

Camariñas, –e por extensión a Costa da Morte– é o mellor exemplo de como o futuro é algo que se gaña coa implicación de moitos. Somos un pobo sobrevivente porque temos un gran pasado, pero sobre todo porque temos un gran futuro. Mais o futuro hai que labralo. Non está aí, agardando por un. Sempre hai que ir cara a el, despregando esforzos non menos formidables que os que nos axudaron a chegar até aquí.
O Ex-ministro de Xustiza de España Fran Caamaño escribe para Máis Camariñas o seu primeiro artigo sobre a Costa da Morte
Temos unha xuventude, por sorte, que cos mellores valores dos seus predecesores mesturaron os valores que lle son propios, e a suma deu como resultado unha xeración de xente de potencialidades inéditas. Teñen todo o futuro por diante, grazas a que levan consigo o pasado e o presente. Todos aprendemos leccións importantes dos nosos pais e os nosos avós, e co noso alento, creamos as nosas propias leccións para transmitirllas algún día aos nosos fillos, que a súa vez tomarán nota do legado, e transformarano coas súas conviccións para que un día os seus herdeiros reciban os valores cos que vivimos neste pobo dende hai séculos.

Hai Costa da Morte para séculos se somos fieis a nós mesmos, coidamos o noso país e da nosa xente, e non queremos ser nada que nunca fomos. Pertencendo a un curruncho do mundo podemos ser universais e únicos. Envexados. Pero iso esixe un esforzo continuo de fidelidade á identidade, e a identidade require dunha sociedade próspera, sostible, na que os seus membros atopen as condicións para saír adiante con dignidade.

O mundo sitúanos hoxe ante dificultades talvez nunca antes coñecidas. A ameaza latexa preto, pero ningún pobo está mellor preparado para ignorar o desalento e encarar o reto de levanta pontes dende as que chegar a un futuro máis favorable, e fieis a que sempre fomos. Potenciar o que sabemos facer. Innovar tomando o mellor da nosa tradición. Ter a valentía de sermos diferentes. Conservar o noso e o entorno no que vivimos. E, por ultimo, colaborar para sacar adíante proxectos compartidos. Ese e o segredo mellor gardado. O noso segredo.

1811 Modificado por derradeira vez o Xoves, 22 Decembro 2011 19:49
Máis en esta categoría:

Últimos artigos de Francisco Caamaño Domínguez

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.