Reforma da Política Pesqueira Común.

Valora este artigo
(2 Votos)
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anuncia que tamén se acordou remitir ao Parlamento, non mais tarde do primeiro trimestre de 2012, unha comunicación -previo debate e coas achegas que poida incorporar o Consello Galego de Pesca- que recolla as conclusións do devandito Grupo de Traballo.
Dixo que o único que pretende esta iniciativa “é expresar a opinión política no texto, sobre a política pesqueira común, e que ademais sirva de referencia ao Consello Galego de Pesca para saber que pensan os representantes políticos, xa que a pesca ten consecuencias noutros sectores da economía”.
Soneira fixo un chamamento aos Grupos para acadar á unha posición común “nun dos sectores claves para a economía e o emprego de Galicia”.

 


A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha proposición sobre a Política Pesqueira Común. A iniciativa foi debatida o martes día 13, e votada e a aprobada o día 14.
Ali aprobouse unha iniciativa na que se propón por un lado constituír un Grupo de Traballo, antes de que remate o actual período de sesións, con participación dos tres grupos parlamentarios con representación no Parlamento e a consellería do Mar, coa finalidade de definir unha posición política  sobre a proposta de reforma da Política Pesqueira Común feita pola Unión Europea.
E tamén se acordou remitir ao Parlamento, non mais tarde do primeiro trimestre de 2012, unha comunicación -previo debate e coas achegas que poida incorporar o Consello Galego de Pesca- que recolla as conclusións do devandito Grupo de Traballo para o seu debate de acordo cos artigos 140 e 141 do Regulamento da Cámara.
Dixo que o único que pretende esta iniciativa “é expresar a opinión política no texto, sobre a política pesqueira común, e que ademais sirva de referencia ao Consello Galego de Pesca para saber que pensan os representantes políticos, xa que a pesca ten consecuencias noutros sectores da economía”.
Na súa intervención a portavoz de Pesca fixo un chamamento aos Grupos da Cámara para acadar á unha posición común “nun dos sectores claves para a economía e o emprego de Galicia”, subliñou. Advirte que para que fose posible o acordo aprazou a lexítima posición do seu grupo para intentar acadar unha proposta consensuada entre os tres grupos e o a Consellería do Mar.

A deputada socialista criticou que teña que ser o Grupo Parlamentario Socialista o que traia este asunto o Parlamento, é dicir “que sexa a oposición quen faga o maior esforzo para acadar unha posición común diante da Proposta de regulamento que, sobre a reforma da política común de pesca, fixo a comisaría de pesca María Damanaki”. Sobre todo cando a Xunta anunciou fai meses a intención de convocar os Grupos para esta finalidade.

Neste punto a parlamentaria advirte que o pasado 15 de outubro a Conselleira do Mar anunciou que falaría cos Grupos Parlamentarios da Cámara para definir unha posición común sobre a proposta de reforma da PCP, “pero a día de hoxe, nada de nada”, lamentou.

Afirma tamén que un asunto coma este, onde o Goberno debe liderar a Acción e os grupos da oposición debemos achegar, con responsabilidade, e subliñou que a posición do PSdeG “sempre defendera a procura do maior interese para Galicia”.

A maiores Soneira destacou con datos a importancia económica, social e laboral que a pesca, o marisqueo e tódolos sectores vinculados a esta actividade, teñen para Galicia. Por iso non se explica a falta de liderado da Xunta de Galicia neste tema.

DATOS ECONÓMICOS SOBRE A PESCA EN GALICIA
Nº de empregos:

Pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.             24.534
Conserva:                                                         12.000
Conxelado:                                                        8.000
Comercialización:                                                 2.000
TOTAL::::                                                         46.534
Fonte: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos - Datos 2007


    Negocio:5.000 M€ (9% PIB)
    85% da produción conserva nacional.
    83% da facturación conserva nacional.
    Conxelado: 2.900 M€
    Nº de Buques:4.911 (4.549 de baixura e artesanal)
    TRB: 118.463,22

 

2684
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.