×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89
Valora este artigo
(13 Votos)
Ángeles Santos Cibrán Ángeles Santos Cibrán
Estou un pouco farta de decatarme de noticias manipuladas a comenencia, pois creo que este pueblo merece outra cousa. Os temas políticos que se tratan neste  Concello devería de dárselle un trato máis serio e deixar de tanto comentario xocoso e mal intencionado por parte dalgunha xente. ¿Porqué solo se analiza a política dun solo partido, e o traballo do mesmo? Pois ou moito me engano ou a Camariñas represéntano dous.

Do partido socialista xa estamos o tanto do que pretende facer, do estado das contas dos seus compoñentes, de onde teñen pensado casar, do mal que están a traballar, das súas malas propostas segundo o criterio dalgúns etc.

Pero a min como persoa interesada  na política que se fai neste pobo, boto de menos saber as propostas que ten o Partido Popular para o Concello de Camariñas,¿ ou a caso non se comentan porque non fai ningunha proposta e o único que saben facer e sentarse nos plenos e facer política en contra? Porque para quentar asento e dicir que non a todo tampouco fai falta moito, e os cartos que cobran por iso podíanllos dar a xente que os necesitan mais que eles, iso si que sería un bo favor para o pueblo.

Acaso os do partido Popular non son representantes do pueblo como os do Partido Socialista e non deberían de demostrar a transparencia dos seus ingresos ou débedas como se lle pide o Partido Socialista. As exixencias deberían ser para todos como representantes que son do noso Consello. ¿Ou acaso teñen algo que esconder? Os Socialistas xa quedou demostrado que non, ¿e eles?. Gustaríanos sabelo para variar.

¿Como pode ser que vaian os plenos e non teñan nada que aportar, e si o fagan porta a porta? A política para beneficio do pobo hai que facela no na Casa do Concello para conseguir cousas, non porta a porta metendo a xente en contra e buscando guerra entre os veciños.

A min este tipo de política dáme noxo, política destrutiva e moi pouco, ética na maioría dos casos.

E si tantas ganas teñen de informar porque non lles explican os seus votantes que desde que está Feijoo no poder os recortes que levamos sufridos e quen son os perxudicados, porque  aí si que teñen información e sen embargo non a contan.

Por exemplo:

-Recortes en sanidade que afectan a seguridade social, pero non a privada.

-Recortes a educación pública, pero non os centros concertados, os cales son subvencionados con fondos públicos.

-Recortes en servizos sociais, a axuda os nosos maiores, a Xunta comprometíase a mandar a principio do ano uns 20.000 euros e así o reflexou o Grupo de Goberno no seus presupostos, pero agora solo van a mandar 3000 euros.

-Porque non lle din os mariñeiros que a súa Conselleira de pesca vai destinar 30.000.000 de euros a Acuicultura e para Artes Menores solo 500.000 euros para toda Galicia.

-Si tan interesados están na política, vai sendo hora de falar de política con datos e cifras e vamos a deixar de facer tantas guerras entre veciños e mandar tantos comentarios xocosos, que para iso e mellor que cambien de medio de comunicación e se dediquen a facer revistas de entretemento e cotilleo.

2469 Modificado por derradeira vez o Xoves, 03 Novembro 2011 00:03
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.