Valora este artigo
(4 Votos)
A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en A Coruña convoca proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación da modalidade de percebe a Pé para o exercicio da actividade extractiva no ambito territorial da Cofraría de Pescadores de Camariñas.

O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 4 prazas de  percebe a pé e para elo deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 18 anos ou menor emancipado e non ser maior de 65 anos.
b) Estar empadroado nun municipio do litoral de Galicia.
c) Estar en posesión do certificado de percebeiro.
d) Non ser perceptor de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia
e) Non estar incapacitado para exercer os labores de marisqueo.
f) Non ter sanción firme en vía administrativa en materia de protección de recursos
mariños, pendente de pagamento.

A presentación de solicitudes farase nas oficinas do rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web http://conselleriamar.xunta.es e dirixiranse ao xefe territorial da Consellería do Mar en A Coruña.

Esta convocatoria tamén se exporá, con carácter informativo, no taboleiro de anuncios da confraría de Camariñas.

Para obter a información completa da resulución premer no seguinte enlace:

http://conselleriamar.xunta.es/export/sites/default/Pesca/Biblioteca/Documentos/Actuacions/RESOL_PRAZO_PERCEBE_Px_CAMARIxAS_2011.pdf

3894 Modificado por derradeira vez o Mércores, 19 Outubro 2011 14:17
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.