A pesca e marisqueo piares da economía galega

Valora este artigo
(7 Votos)
Pesca e marisqueo piares da nosa economía. Pesca e marisqueo piares da nosa economía. MaisCamarinas.com
A pesca e o marisqueo son un dos piares da economía galega. Segundo datos oficiais hai case cincuenta mil persoas que viven da pesca, do marisqueo e das actividades vinculadas aos mesmos:

No marisqueo, que é o asunto que da motivo a este artigo, estímase que unhas cinco mil persoas exercen o marisqueo a pé en toda Galicia, ós que hai que engadir os preto de mil que supoñen os parquistas de Carril e os mariscadores a flote. Para que haxa unha boa colleita de bivalvos é imprescindible contar con dous elementos básicos: que haxa boa semente e alto índice de reclutamento, e que a calidade das augas sexa boa.

Galicia incumpre a normativa pola que se establece a calidade de augas para a cría de moluscos, de aí os nosos problemas nalgunhas rías que implica a cualificación de parte delas como “C”. O Goberno Anterior planificou e licitou 21 novas depuradoras para acadar a finalidade de depurar as augas que se verten as rías. Quedaron dúas pendentes de conseguir os terreos (Ribeira e Sanxenxo) que, non por casualidade estaban e están rexidas polo PP, porque mellorar as condicións da auga das rías é aumentar a rendibilidade da actividade marisqueira que significa o 7% do PIB galego.

Na actualidade existen mais de cen millóns de metros cadrados de zonas marisqueiras produtivas cuns resultados extractivos, con datos de 2009, de 7.310.490 quilos de berberechos e ameixas, excluída a produción das concesións dos parquistas de Carril e doutros lugares de Galicia. A produtividade é, por tanto, de 73,1 gramo por metro cadrado, o que significa un promedio de 7 individuos por cada metro cadrado. A verdade é que os resultados son realmente cativos dende o punto de vista biolóxico e aínda peores cando analizamos o rendemento económico: 0,59 euros por metro cadrado. Sen embargo a rendibilidade media de cada metro cadrado dos parques de Carril sobe ate os 30 euros polo que a diferencia entre a rendibilidade entre as concesións colectivas (agrupacións de mariscadoras), e a explotación  privada é de mais do 5.000% en favor desta última.

Segundo un traballo técnico dos propios servizos da propia Xunta de Galicia, con base na campaña de 2005, daba os seguintes índices de rendibilidade das principais especies, con respecto o potencial produtivo:


Ameixa Fina                6.9%
Ameixa Babosa             21.1%
Ameixa Saponesa          16.5%
Ameixa Rubia               25.0%
Berbecho                      3.8%
Promedio                       6%

Para que entendamos o drama que estes datos aportan solo temos que extrapolar os mesmos a unha actividade moi parecida en terra. Ninguén se dedicaría a agricultura ou a gandería se, de cada cen grans de trigo ou de cada cen polos, solo lle chegasen a adultos 6. Non solo sería antieconómico se non, tamén, absurdo e irracional. 

Abordar a solución destes problemas require, primeiro, tomar conciencia do mesmo e, segundo, abordalo globalmente pero tamén atendendo os particularismos de cada especie, ría ou concesión. Non abonda con anunciar que se queren ampliar as zonas de produción sen antes solucionar os problemas de contaminación das augas das nosas rías. Iso acaba xerando situacións tan rocambolescas como a que se ten producido este verán coa pretendida reinstalación  dos bivalvos procedentes de zonas “C”. Tampouco abonda con dispor de amplas superficies de cultivo se non somos capaces de garantir semente, en cantidade e calidade, que nos permita acadar maiores porcentaxes de rendibilidade. E, sobre todo, non podemos seguir mantendo un baremo para ó acceso o PERMEX onde prime mais a celebración dun cursiño formativo sobre materias alleas á propia actividade que a situación económica dos demandantes do mesmo.

Deixo, para rematar, un problema serio ao que a administración ou non sabe, ou non quere, ou non pode solucionar: o furtivismo. A vixilancia e a persecución dos posibles furtivos non pode ser unha competencia das agrupacións de mariscadoras ou das confrarías. A ninguén se lle ocorre que a persecución dos que rouban madeira nos montes comunais sexa competencia dos comuneiros. A Xunta faría ben en, primeiro, separar as infraccións administrativas do auténtico furtivismo e, segundo, estudar as razóns de fondo que hai en determinados episodios. Para o furtivo que saquea as concesións marisqueiras para acadar ingresos rápidos e destrúe o traballo de moitas persoas, todo o peso da lei e tódolos medios para erradicalo. Pero cando unha familia, con tódolos membros da unidade familiar en paro, ve imposible acceder a un PERMEX porque o baremo prima a outros que teñen mais de un, o furtivismo xa non é un problema de orde público se non un gravísimo problema social agravado por unha norma inxusta.

3354 Modificado por derradeira vez o Mércores, 07 Setembro 2011 19:09
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.