×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89
Valora este artigo
(5 Votos)
Vista das inmediacións de Cereixo onde se pretende contruir un porto deportivo Vista das inmediacións de Cereixo onde se pretende contruir un porto deportivo
¿Como se pode tratar este tema con tanta frivolidade e ironia? Seica saben as persoas que a este tema refírense que a construción do devandito porto, levaría o dragado de parte dos bancos marisqueiros cos que conta a confraría de Camariñas. Que conste que antigamente na zona de Dor había unha concesión de dragas ,as cales se lle retirou o permiso de extracción por prexudicar os bancos de marisco.

 

Que clase de política está a facerse? Como pode ser que prevalezan os intereses de catro turistas sobre os intereses de cento e pico de familias que vivimos do marisqueo todo o ano e sobre todo sabendo que nestes momentos o marisqueo non é unha axuda económica á economía familiar, senón que nestes intres é para a maioría a única fonte de ingresos cos que contan para o sustento familiar.

Que  opinan os mariscadores de Camariñas? Alguén se molestou en interesarse polo que eles opinan ou como lles afectaría?

Señores políticos recobren a cordura e non se dediquen a promocionar algo co que xa contamos como é o PORTO DEPORTIVO DE CAMARIÑAS. Dediquense a promocionalo e a explotar os recursos cos que xa contan e deixen de xogar co pan da xente.

2363 Modificado por derradeira vez o Venres, 02 Setembro 2011 17:27
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.