Valora este artigo
(14 Votos)
A Asociación de Empresarios quedou encantada da visita do Ministro Caamaño á Feira Solidaria A Asociación de Empresarios quedou encantada da visita do Ministro Caamaño á Feira Solidaria
Estaba eu quentándome ó soliño que amorna a miña poza, ao carón do Club Náutico, cando escoitei a Danielito contarlle a alguén que “é unha vergoña que todo un ministro se pase polo pobo da man dun alcalde imputado...”

 

Eu, que ando un pouco nervioso tentando pasar desapercibido do feixe de calamares que teñen invadido o Muelle Novo, non sabía moi ben de que iba o choio pero sacoume de dúbidas o meu curmán, o lorcho escamudo, que é entendido en leises. Non é que sexa avogado, non, é que pasa por ser o lorcho que mais denuncias ten e dos que mais denuncia.

O caso é que o tal Danielito denunciou o Alcalde por non sei que asunto sobre os seguros do concello e o xuíz chamouno a declarar como imputado. O meu curmán di que el ten ido moitas veces a declarar como imputado porque é un recurso que usan os xuíces para garantir mellor os dereitos dos denunciados, e logo, se é o caso, decretará o  arquivo da denuncia ou a apertura de xuízo que será, en último extremo, onde se sentencie a inocencia ou a culpabilidade do imputado.

Pois ben, parece ser que o Ministro de Xustiza, D. Francisco Caamaño, paisano noso, de Cee, visitou Camariñas onde visitou o Mercado Solidario, tomou un viño no Arnela e xantou nun coñecido e recoñecido restaurante do pobo. O Señor Caamaño, madía fora, estivo sempre acompañado do Alcalde e houbo quen fixo notar que era de agradecer que todo un Ministro de España fixera acto de presencia nun evento solidario como ese.

O mais sorprendente de todo é que eu mesmo teño visto a Danielito abrazado a esgrevios persoeiros que, ate fai ben pouco, non daban saído de Camariñas, e ninguén cuestionou ese dereito, a pesares de que, na súa condición de responsable da empresa Viproga, ten varias sentencias firmes condenatorias por non respectar dereitos dos traballadores.

Moitas tardes de inverno, esmorecido polo frío da poza e atruxado polos golpes de mar contra os petóns da escollera, leo a biblia, porque, dada a precariedade da miña vida, non me queda mais remedio que confiar a miña existencia o Altísimo. Onte, despois de oír o Danielito dicir tales cousas non deixei de lembrarme de San Mateo e de San Lucas que, no Novo Testamento, fan referencia o fácil que nos é ver a palla no ollo alleo pero non nos decatamos da viga que temos no noso.

Eu sigo quencéndome na miña poza morna antes de que suba a marea e teña que agocharme na ferga para que non me pillen os calamares que andan condenados detrás dos pequenos peixes coma min, e non deixo de pensar o fariseos e mezquinos que poden chegar a ser algúns. O Alcalde aínda non hai un xuíz que o teña condenado pero xa o condenaron os chocolates e os Danielitos. O Danielito foi xulgado e condenado e por riba saca peito e revístese de falsa dignidade para recomendarlle ao Ministro de Xustiza que non pasee Camariñas da man de Pichurri cando el camiña da man de canto xerifalte do PP visita Camariñas.

Tampouco deixo de lembrar, con estupor, como Rajoy e todo o Olympo Pepero abrazou, paseou, ensalzou, defendeu, e segue a defender, a imputados tan ilustres como Federico Trillo, Camps, Fabra, e non se sabe cantos mais. Eu, por si é o caso, encoméndome á Santa Sirenita  para que me ilumine e me deixe entender a esta xentiña.

3868 Modificado por derradeira vez o Sábado, 27 Agosto 2011 10:25
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.