Valora este artigo
(7 Votos)
Unha boa nova para os establecementos comerciais do concello Unha boa nova para os establecementos comerciais do concello
Continuando coa  vocación deportiva de este Concello que trouxo hai uns días a gran Copa do Mundo a nosa Casa de Pedra, o próximo gran evento a celebrar será a presencia da Volta Ciclista a Galicia en Camariñas.

 

O sábado 17 de setembro, Camariñas vestirase de gala para ser a sede da saída da 2ª etapa da Volta a Galicia 2011. A etapa disputarase entre Camariñas e Carballo, e a partida en Camariñas será en torno as dúas da tarde con unha saída neutralizada por Camariñas e parte do concello.

Unha vez máis os grandes eventos elixen o Concello de Camariñas, e iso énchenos de orgullo, despois do éxito da presencia da Copa do Mundo de Fútbol en Camariñas agora tócanos disfrutar do ciclismo do máis alto nivel algo que, sen dúbida, redundará en beneficio de tódolos locais comerciais do concello ó esperarse gran afluencia de xente a este evento.

O Concello tamén está a organizar para esa data o día da bicicleta, cuxos detalles daranse a coñecer nos vindeiros días. Noraboa unha vez máis a este equipo de goberno encabezado por Pichurri e Juan Cabrejo "Juanillo", que van levar o nome de Camariñas por todo o mundo.

 

2948 Modificado por derradeira vez o Martes, 23 Agosto 2011 08:33
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.