×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

O raposo no galiñeiro

Valora este artigo
(17 Votos)
A confraría de Camelle está nunha cruzada contra o furtivismo que lle ocasionan os desaprensivos que saquean a súa concesión e que é a fonte do seu xornal e do pan dos seus fillos.

 

Ao longo das últimas semanas asistimos a mostras de apoio e a declaracións, con rostro serio e preocupado, de dignos representantes do PP e doutras forzas políticas polo irresponsable destes procederes. O PP mesmo ten pedido a aplicación do Código Penal para os “delincuentes furtivos”

Eu que son lorcho e vivo nas fergas das pozas, escarállome de risa de ver as caras dalgúns cando falan de furtivismo. Miña virxiña do Carme cantas veces tiven que agocharme entre os barriduiros para escapar deles. A miña prima a barbada aínda non lle saiu o susto do corpo que, dende aquelas, aínda anda cun tremor no pescozo que non lle da pasado.

Pero o mais chusco de todo é o que vin o outro día en Camelle dende a miña ferga. Os da confraría dándolle o alto a uns supostos furtivos e un deles, dos furtivos, non solo tiña mais que dicir que eles se non que lle pasou a “rebarbadora” pola cara dun dos vixiantes.

Ate aí todo normal. Xa sabemos o que hai. Pero o bonito do caso é que o “presunto” delincuente non era descoñecido para os cofrades de Camelle porque pasa moito por alí. Para arranxar papeis, para pedir subvencións e para saudar un familiar moi próximo e directo que traballa no pósito. Un familiar que, dende a súa militancia política e dende a súa representación intitucional municipal tense cansado de pedir que o furtivismo sexa considerado delito penal.

Eu alí agochadiño na ferga non deixaba de pensar que estes humanos sonche ben curiosos e ben complicados, piden o maior castigo para os demais e asubían pa riba cando lles toda a eles. Se non fose que eu son lorcho e vivo nunha poza, pensaría que temos o raposo coidando das galiñas.

Enlaces de interese: El patrón mayor de Camelle reclama más apoyo para proteger la costa

3982 Modificado por derradeira vez o Xoves, 11 Agosto 2011 15:24
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.