Valora este artigo
(7 Votos)
Rumore, rumore, rumore.... Alvarez Campana non saía de Camariñas. Era o instrumento para que Danielito e o PP camariñán gañasen as eleccións.

Venderon unha e outra vez o proxecto dun gran porto gastando tanto en publicidade e propaganda que non se sabía que era mais prioritario, se as fotos dos peperos ao carón do Campana ou as necesidades do pobo.

Houbo incautos que hasta tragaron toda aquela parafernalia e optaron por unha cara de atraque, que solo beneficia a flotas alleas, antes que polas necesidades do pobo.

Escomenzaron as obras e vendéronas moito e moi ben. 150 metros de cara de atraque novos do trinque, dicían. 41 metros de ancho, dicían. 70 metros con seis de calado e outros 80 con oito, contaron. Bolardos capaces de aguantar cincuenta toneladas, e bitas de 65 quilos, pregoaban... veña festa e jolgorio!

Pero que nos din os rumorosos e rumores que hoxe percorren o noso porto? Que 150 metros son un luxo para Camariñas e que as obras van a verse recortadas en 50 metros,  deixando sen executar a parte de mais calado e que faría do noso porto un dos mais importantes da comunidade autónoma.

Será certo? Será mentira? Qui lo sá? Pero vista a calentura restrictiva do Noso Presidente non parece descabellado. Que dirán a iso os badulaques e lambecús que tocaban as Campás a todas horas? Que dirán agora que as Campás caeron do campanario e tomaron o camiño do desterro?  Apostarán, acaso, por trasladar o porto de Camariñas a Cereixo que, como todo o mundo sabe, é o lugar mais axeitado para facer o gran porto da ría?

Danielito e o seu rabaño tentarán balar pensando que veremos a realidade a través das súas verbas manipuladoras pero, igual que a Campá caeu do campanario, a mentira caerá por si sola.

Saúdos do Lorcho e da súa familia.

 

2941 Modificado por derradeira vez o Mércores, 06 Mai 2015 18:17
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.