Valora este artigo
(13 Votos)
Por camiños virtuais non sempre andan as virtudes, nin verdades, nin decencia. Hai quen, pola súa maldade, ignorancia e incompetencia, amosa neses carreiros a dura face que agocha diante da humana presencia. Neses camiños virtuais van montados en libelos que disfrazan de Diario, mais, como xa todos coñecen, nin é Diario nin di verdade, porque xa todos coñecen que a escola de xornalismo non a pisaron xamais.

 

Porque se fose Diario e contase a verdade, tivese unha redacción e imprimise a dignidade, que licenza do concello o editor demandou? A de actividade non. A de apertura tampouco, pero é posible que algún, a sorbo de chiculate, pense vivir toda a vida a golpe de vaguedade. Polos camiños do éter, a sorbo de chiculate, acabamos de saber que xa temos deputado. Cousa parece do demo porque na elección de onte o nome non aparecee, parecerá que esa nova é mais produto do fume que dun xornal contrastado.

E logo contan aquilo do pobre do tanatorio. Noso Deus canto desdén e envexa contra unha humilde morada onde, mais cedo que tarde, temos todos unha praza na que parar a pensar antes de coller camiño a onde queira que sexa. Non temades polo tal, que para pena de todos e desgusto de ningún, verémonos todos xuntos, nalgún momento da vida, repousando os nosos osos o carón dalgunha alma que aínda non descubriu que son vivos e non mortos os que nos quitan os untos. Sería bo preguntarse, se o titular fose outro, que diría o Diario, a sorbo de chiculate, se o portavoz do PSOE explotase un chiringuito sen licenza nin permiso onde se vende de todo e non se paga de nada. A resposta está moi clara: un grolo de chiculate. O negocio está moi ben con amplas vistas o mar e co peirao e o porto a súa disposición onde se monta de todo sen permisos nin control. Iso queda para os parvos que cumprindo coa lei, aboan os seus tributos para que os señoritos vivas como uns campións.

E vamos xa rematando, porque o conto non estira.
Retomemos o camiño rumbo a ningunha parte por camiños virtuais onde aniña a mentira.

3117 Modificado por derradeira vez o Mércores, 06 Mai 2015 18:17
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.