Valora este artigo
(16 Votos)
Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo" un socialista de raza na lista do PSdeG-PSOE de Camariñas Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo" un socialista de raza na lista do PSdeG-PSOE de Camariñas
Juan Manuel Cabrejo Pasantes, é Juanillo para a maioría dos camariñáns. O futbolista que chegou mais lonxe, daquela mítica quinta que ganara a Copa da Costa. Nacido no barrio de Corea, sempre levou ala onde xogou o fútbol o nome do seu pobo. Desta vez, xoga un importante partido no terreo político, onde debuta como número 3 substituíndo a outro Cabrejo ilustre.

 

Juanillo na Casa do PoboQuen che propuxo ir na lista socialista?
Pois Marisol e Pichurri. Eu fun sempre socialista de toda a vida, xa o vivín na casa, onde todos eran do PSOE, aínda así díxenlle que non varias veces. Non quería prexudicar a familia pola miña decisión, pero cando decidín dicir que si, tiven todo o apoio deles.

Que tal o recibiron no PSOE?
Como xa dixen eu sempre fun do PSOE, así que coma na miña casa, de marabilla, estóu contentísimo con todos os integrantes da lista, somos un equipo magnífico.

Quizais a súa decisión lle sorprendeu a algunha xente, tivo criticas?
Directamente non, aínda que sei que si as hai.

E como lle sentan?
Pois como futbolista estou acostumado as críticas, a xogar en campo contrario onde che insultan e chámanche de todo. A verdade é que as críticas o que fan é que teña máis ganas de loitar e de ganar. Non me importa que me critiquen, sempre que as críticas sexan construtivas.

Como ve vostede o que fixo Pichurri e o seu equipo de goberno nestes últimos 4 anos?
A min tocoume vivir parte dese tempo fora, porque estaba xogando no Cartaxena, pero cando volves o pobo ves mais os cambios que outra persona que os ve todos os días, e foron impresionantes. Fixéronse moitísimas cousas nestes anos, eu penso que nunca se fixera tanto nunha soa lexislatura, e iso a xente ten que velo.

Defendendo a Camariñas e os seus paisanosTen moitos proxectos para os próximos 4 anos?
Proxectos moitísimos, será por ideas! o saír fora tamén se ven cousas diferentes que estaría ben facer en Camariñas.

Mais enfocado o deporte supoño?
Pois como futbolista si, e onde me movo mellor, pero eu tentarei axudar en todo o que veña.

Algún proxecto en especial?
Pois non, son moitas ideas, creo que sería bo crear mais escolas deportivas doutros deportes como a que hai de balonmán, que e todo un referente e un exemplo para todos. O que acaban de facer de subir a 1ª nacional foi unha pasada, é un motivo de orgullo para todos os camariñáns.

Pensa que o PSOE ganara as próximas eleccións municipais?
Sen dúbida, os camariñáns son moi listos e saben a quen lle votan. Ven todo o que se fixo nestes anos, e van votar en consecuencia. Isto e como un partido de fútbol, hai que ir a gañar, e estou seguro que eso é o que vai pasar o día 22.

Un resultado...
Pois 8 concelleiros para o PSOE e 5 para o PP, como estaba hasta agora.

Juanillo e rápido respondendo, acostumado as entrevistas. Un pracer.

 

6492 Modificado por derradeira vez o Xoves, 19 Mai 2011 20:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.